Varela denuncia que as oposicións da CRTVG “posiblemente conteñan fraude de lei”

Varela denuncia que as oposicións da CRTVG “posiblemente conteñan fraude de lei”

Varela denuncia que as oposicións da CRTVG “posiblemente conteñan fraude de lei”

O portavoz do PSdeG na comisión da CRTVG Ricardo Varela interveu na Comisión do Parlamento da CRTVG para denunciar que o proceso das oposicións da CRTVG “posiblemente conteñan fraude de Lei”, e para criticar tamén as “represalias laborais contra tres delegados do ente autonómico”, que foron sancionados por defender a compañeiros despedidos.

Varela dixo que os exames que teñen que realizar os opositores a CRTVG en vez de semellar un concurso-oposición “esta proba convertese nun concurso puro e duro”, xa que explica que a parte do coñecemento dos examinados queda eliminada da proba. Por iso insiste “podemos estar diante dun fraude de lei”, tanto na convocatoria como na formulacións dos exames.

Denunciou o proceso de selección do temario(as preguntas xa foron enviadas a tódolos opositores) “xa que conten moitas preguntas obsoletas”, e nese senso preguntoulle “como pensa solucionar o temario anticuado?”, do que lembra xa foi denunciado polos propios sindicatos.

Tamén se referiu ao Tribunal das oposicións, e afirma que as persoas escollidas pola dirección da CRTVG “non teñen a capacidade adecuada para estar neste Tribunal”, e lembrou que o Director competeuse en sede parlamentaria a seleccionar un Tribunal “idóneo”, e insistiu “os perfiles que o compoñen non se axustas as necesidades de coñecemento que require esta proba”.

Mais polo miúdo dixo que “unha xefa de notificación dun xulgado de Santiago, a subdirectora de xestión do Complexo hospitalaria de A Coruña, unha avogada do Estado xunto con dous maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non son os mellores perfiles para avaliar estas probas”, proclamou.
E proseguiu “ademais de ser un Tribunal nomeado a dedo, non ten a cualificación adecuada para corrixir exames de locutores, redactores ou postos técnicos”. En resumen “nin profesionalidade, nin coñecemento”.

Intimidacións e ameazas

Varela tamén aludiu aos tres delegados despedidos por defender a despedidos da CRTVG. Cualificou esta decisión como “moi grave”. Explicou que os sancionados prestaron declaración do que coñecían, e asegura que o informe asinaron os delegados “comprobouse que é completamente veraz”. Xa que advirte que a xustiza declarou os despidos nulos. E preguntou “que esta facendo o Director de Recursos Humanos con estas intimidacións, ameazas, sancións e represalias e aos traballadores da CRTVG.”

Varela dixo que non se pode facer esta persecución aos traballadores que denuncian diante da Xustiza, para reclamar os seus dereitos. “Ten que tomar medidas inmediatas co Director de Recursos Humanos porque hai que respectar aos traballadores”, espetou.

E envioulle unha mensaxe ao Director da Compañía “que pasa si a Xustiza da a razón aos delegados que están expediantados, vai tomar medidas contra persoa que inxustamente abriu estes expedientes”, preguntou. “Vai permitir que siga despedindo a traballadores como represalia, e que siga abrindo expedientes intimidatorios?”, insistiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar