Varela denuncia que a xuntanza do presidente da Xunta co empresario Dorribo teñan “desaparecido” dos Telexornais da TVG

Varela  denuncia que a xuntanza do presidente da Xunta co empresario Dorribo teñan “desaparecido” dos Telexornais da TVG

Varela denuncia que a xuntanza do presidente da Xunta co empresario Dorribo teñan “desaparecido” dos Telexornais da TVG

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Ricardo Varela, denunciou que o ente teña empregado 62 minutos dos informativos durante 7 días para desprestixiar a imaxe do Ministro de Fomento. Na xuntanza da Comisión de hoxe, Varela sinalou que no momento en que foi coñecida a implicación do presidente da Xunta, en que pasou aos postos 11 e 33 dos informativos.

Amosou a súa “profunda preocupación” pola manipulación da información da Operación Campeón secundando a campaña de desprestixio “baseada nas presuntas declaracións dun presunto delincuente encausado por falsificación e apropiación indebida de fondos públicos”. Mentres, o director xeral do ente recoñeceu que cos datos presentados por Varela terían feito un “tratamento informativamente incorrecto” do caso.

Criticou o “partidismo” amosado para amplificar unha información dun medio nacional “ata o momento en que afecta ao Goberno de Galicia, no que desaparece radicalmente”. Sinalou que cando o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, descubriu a xuntanza de Feijóo co empresario Dorribo previa á concesión das axudas, a información pasou ao posto 11 da TVG co titular “debate parlamentario a conta das axudas de Nupel”.

Explicou que o día 4, en que comezou a campaña dun medio nacional contra o ministro, o TX1 declarouna “información do día” e dedicou 5 minutos e o TX2 outros 7 minutos reflectindo integramente a posición do medio de comunicación nacional. Esta situación continuaría os días 5 e 6, nos que dedicou 17 e 12 minutos, respectivamente, e as portadas, ata o día 10, nos que destinou 62 minutos a desprestixiar a figura do ministro.

Milagre

O día 11, dixo Varela, produciuse o “milagre” de que o Caso Campeón deixa de ser a principal noticia e portada a pesares de que debera cobrar se cabe mais forza porque ese día o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, desvelou no Parlamento que esa operación “naceu no despacho do presidente da Xunta de Galicia”. A partir de aí, a información só mereceu 20 minutos en 14 días, todos eles contra o ministro de Fomento.

Ese día foi coñecido, dixo Varela, que as axudas de 4 millóns de euros derivan dun primeiro contacto co empresario Dorribo no despacho do presidente da Xunta por intermediación polo deputado do PP Pablo Cobián, tamén imputado e que dimitiu do seu cargo.

O parlamentario socialista dixo que dende a posta en marcha da Operación, coa imputación de altos cargos da Xunta que afectan ao conselleiro de Economía e Industria, amosou “pouco interese” ata o momento en que un medio de comunicación fixo alusión ao ministro de Fomento.

Tamén denunciou o tratamento desigual por parte dos informativos da canle da información de diversos medios cando afectan aos responsables do PP, lembrou que onte no diario El País, o de maior tirada nacional, revelou a admisión a trámite do recurso polo “caso Hernández” de certificacións falsas, sen que tivera interese para os informativos deste medio público de comunicación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar