Varela denuncia que a RTVG fai da comisión de orzamentos "un púlpito" dende que só fala o Goberno

Varela denuncia que a RTVG fai da comisión de orzamentos "un púlpito" dende que só fala o Goberno

Varela denuncia que a RTVG fai da comisión de orzamentos "un púlpito" dende que só fala o Goberno

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión da RTVG, Ricardo Varela, denunciou que o ente ten convertido a Comisión de Orzamentos “nun púlpito” no que só reflicten a opinión dos conselleiros do Goberno “ocultan” a opinión da oposición. Así o dixo na comparecencia do director xeral do ente para presentar os orzamentos para o próximo ano.

Dixo que o ente público “vulnera o dereito democrático dos cidadáns a coñecer o que fan os seus representantes” ao “roubar a opinión dos grupos da oposición nos orzamentos da Xunta de Galicia”. Engadiu que mentres “converten a Comisión da RTVG nun confesionario onde o que se conta non sae para fora, a de Orzamentos é un púlpito onde o goberno fala e os demais calan”.

Varela considerou hoxe un “escándalo” o trato “brutal” relativo ás comparecencias de orzamentos que se veñen realizando dende hai dúas semanas, nos que “non hai unha soa declaración dos representantes da oposición”. O responsable socialista fixo un repaso das diversas comparecencias dos conselleiros da Xunta, que remataron onte “sen un só corte de son nin unha referencia ás posicións dos grupos da oposición”.

Denunciou que a fórmula informativa propia dunha “televisión de partido” introducindo un “enorme sesgo informativo” produce a “perda absoluta da credibilidade” dos informativos da canle pública. Lembrou que esta tendencia coincide cunha “presión cada día mais intensa sobre os profesionais do ente”, con delegados expedientados e traballadores sancionados por ter protestado polas condicións laborais no ente.

Ricardo Varela criticou que os orzamentos da Xunta destinados á CRTVG incumpren os seus obxectivos de espallar a cultura, apoiar e difundir a lingua e trasladarlle aos cidadáns unha información “veraz, transparente, equilibrada e non sectaria”.

Orzamentos

O responsable socialista advertiu que o orzamento que corresponde ao ente, que ascende a 117,1 millóns de euros, resulta “carísimo para un gabinete de prensa do presidente da Xunta, que é no que están convertendo á canle pública”. Sinalou que o ente ten acadado neste ano “a partida mais alta da historia da CRTVG destinada a gastos de persoal” coincidindo coa taxa de precariedade laboral mais alta da historia do ente.

Varela advertiu que o ente aumentou en dous millóns de euros os orzamentos para persoal, co que xa supoñen practicamente a metade do orzamento total, co que desde 2009 aumentou dende 47 a 56 millóns de euros de hoxe. Mentres, dixo, diminúen as aportacións da Xunta en 2 millóns de euros, redúcense os ingresos por publicidade en 1,2 millóns e perden 0,5 millóns de convenios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar