Valeriano Gómez esíxelle ao Goberno do PP “dialogar e chegar a un novo acordo con sindicatos e empresas” se pretende reformar o sistema de pensións

O ex ministro de Traballo e voceiro económico do PSOE, Valeriano Gómez, reuniuse en Lugo con pensionistas nun encontro no
que estiveron a número un do PSdeG-PSOE pola provincia, Concepción Burgo, o secretario xeral en Lugo, José Ramón Besteiro, o presidente do PSdeG, José Clemente López Orozco e o senador Ricardo Varela Sánchez. Valeriano Gómez falou da “preocupación polo que pode suceder co sistema español de pensións” ante a “falta de respostas claras por parte do Goberno do PP”, ao que lle esixe “poñer sobre a mesa un conxunto de propostas, sometelas ao diálogo e chegar a un novo acordo con sindicatos e empresas, como fixo o Goberno socialista e como se fixo sempre ata agora para reformar un sistema tan importante como é o das pensións”.

“Isto é moi serio. Non se sabe aínda se van actualizar ou non as pensións, nin que pretenden facer agora co actual acordo, co período
transitorio, co período de cómputo...cun conxunto de matices moi preocupante”, afirma Gómez, que lembra que “o PP terminou tocando todas esas liñas vermellas que dixo que nunca ía tocar”, polo que se amosa “preocupado polo que pode suceder no futuro”. Tanto o ex ministro como Concepción Burgo lamentan que “probablemente non se vai saber nada ata despois das eleccións”, como xa sucedeu con outras medidas despois dos comicios en Andalucía. Algo, destacan, “moi preocupante para toda España e moi en particular para Galicia, onde a taxa de
pensionistas é especialmente elevada”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar