A Valedora do Pobo debe dimitir por desvío de poder e por vulnerar os principios de igualdade e transparencia

A Valedora do Pobo debe dimitir por desvío de poder e por vulnerar os principios de igualdade e transparencia

A Valedora do Pobo debe dimitir por desvío de poder e por vulnerar os principios de igualdade e transparencia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe “sen titubeo” a dimisión da Valedora do Pobo. Así o dixo logo da “moi dura” sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia apuntando a un desvío de poder e vulneración do principio de igualdade e transparencia na elección dun alto cargo que ademais é a irmá do portavoz do PP.

Despois da reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento, Fernández Leiceaga confirmou que, de non producirse dimisión da Alta Comisionada do Parlamento, os socialistas galegos pedirán o seu cese tanto despois da comparecencia que se substanciará na Comisión de Peticións do Parlamento do xoves como no debate ad hoc co que dará comezo o próximo Pleno do Parlamento.

O portavoz socialista dixo que a Valedora “debera marcharse” logo de que a súa posición “non quede nas mellores condicións” despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza. A pesares de non ser firme, a propia Valedora si que “recoñeceu a súa firmeza” acatándoa a pesares de que aínda cabería recurso.

Fernández Leiceaga explicou que naquel proceso de selección a Valedora “acredita que coñecía o deber de absterse, pero aínda sabendo isto e recusarse a si mesma, participa no proceso e segue intervindo para determinar os criterios e incluír un sesgo favorable a unha persoa na concesión da praza”.

TVG

O portavoz socialista explicou hoxe que o próximo Pleno incluirá ademais unha proposición de Lei do Grupo Socialista para reformar a Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia para garantir a elección do presidente do ente por maioría cualificada. Os socialistas, explicou, queren garantir o cumprimento da Lei aprobada en 2011 e que o PP mantén sen desenvolver.

Fernández Leiceaga puxo como obxectivo “os tres grandes incumprimentos” do PP, como son, ademais da elección do presidente, a constitución do Consello de Informativos e a aprobación do Estatuto Profesional dos xornalistas. Ademais quere regular o apoio dende a CRTVG ao sector audiovisual propio de Galicia, ao que lle debe destinar o 6 por cento do seu orzamento.

O responsable socialista lembrou o cambio que se está a producir en RTVE coa elección da nova dirección, do que Galicia “non pode quedar atrás” para garantir a “profesionalidade, obxectividade e pluralismo” no medio púlico de comunicación.

Parálise

Ademais, explicou que a sesión de control ao presidente estará centrada na “parálise” que atenaza ao goberno galego dende que o presidente da Xunta fixera públicos primeiro os seus titubeos á hora de presentar a súa candidatura ao PP nacional e despois ao decidir manter abertas as súas opcións situándose “de novo” na política estatal.

Apunta que ademais de estar pendentes de Feijóo, hai “varias consellerías –a lo menos dúas- cos seus titulares pendentes de destino” e preparando a virtuais candidaturas ás eleccións municipais. Criticou a “falla de xestión reformista” por parte do goberno galego, que desbota a oportunidade marcada pola recuperación económica sinaladamente en canto á transparencia, políticas sociais e xestión das políticas de emprego.

O próximo Pleno incluirá tamén por terceira vez o debate final da Lei de transferencia da AP-9, que os socialistas apoian tanto en Galicia como no Congreso, non así o PP, que nas dúas ocasións anteriores aprobouna no Parlamento de Galicia para despois paralizar o debate na Cámara Baixa.

Os socialistas presentarán dúas proposicións non de Lei para reclamar un novo catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas e para esixir o cumprimento, aplicación e desenvolvemento da Lei pola Igualdade de Trato e non Discriminación de LGTBI de Galicia.

Tamén interpelarán ao conselleiro de Sanidade sobre as eivas na atención sanitaria pediátrica e presentarán preguntas sobre a planta de tratamento de residuos de Casalonga, en Teo, e sobre o Plan de Transportes.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar