Val denuncia a "sangría" de postos de traballo no mar

Val denuncia a "sangría" de postos de traballo no mar

Val denuncia a "sangría" de postos de traballo no mar

O portavoz de Pesca dos socialistas galegos, José Ramón Val, lamentou hoxe no Parlamento a sangría de perda de postos de traballo no sector do Mar, “mentres a Xunta do Partido popular non toma ningún tipo de medida para evitala”.

Val lembrou que nos últimos cinco anos perdéronse en Galicia 4.425 cotizantes á Seguridade Social no sector pesqueiro: “No pasado ano 2013, a caída foi de 784 persoas no Réxime Especial do Mar, o que supón dous traballadores menos ao día”.

A provincia máis afectada o ano pasado foi a de Pontevedra, que perdeu 616 mariñeiros, mentres que en Lugo foron 147 os afiliados que abandonaron a actividade. A Coruña foi a provincia que sufriu o menor descenso con tan só 21 baixas.

“Cos 280.000 desempregados que hai actualmente en Galicia, o máis preocupante é que a Xunta de Feijóo non faga nada para evitar esta caída de postos de traballo nun sector estratéxico para a comunidade autónoma”, afirmou o deputado socialista.

José Ramón Val argumentou que “a escaseza de cotas, os altos custos de produción e a perda de posibilidades de pesca por diferentes motivos, está levando ao noso sector a ter como única alternativa o abandono da actividade pesqueira”.

Na súa resposta, o secretario xeral técnico da Consellería de Medio Rural e do Mar, Alfonso García Magariños, non concretou ningún tipo de medida para a reactivación do sector e limitouse a dicir que o número de desguace de barcos era superior coa Xunta do Goberno bipartito.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar