Val denuncia a “renuncia expresa” do goberno galego a acadar maior cota de xarda e xurelo para a flota de cerco

Val denuncia a “renuncia expresa” do goberno galego a acadar maior cota de xarda e xurelo para a flota de cerco

Val denuncia a “renuncia expresa” do goberno galego a acadar maior cota de xarda e xurelo para a flota de cerco

José Ramón Val sinala que os criterios de reparto limitan a un 24,9 por cento para Galicia, mentres País Vasco acadou o 50 por cento con menos buques e tripulación

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, denunciou hoxe a “renuncia expresa do goberno galego a conseguir un aumento das nosas posibilidades de pesca” de xarda e xurelo para a flota de cerco no acordo do Grupo de traballo do Caladoiro Cantábrico Noroeste reunido o pasado 20 de decembro.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca na que criticou a “resignación” do goberno galego, que conformouse coa prima ao volume de pesca acadado en anos anteriores en lugar de outros aspectos como a importancia social e económica da extracción destas especies ou o número de traballadores afectados.

A conclusión, dixo, é que o goberno galego “rexeita loitar para primar uns principios de reparto que beneficien aos nosos barcos”, que tan só pescarán o 24,9 por cento da cota das 29.019 toneladas das que disporá a flota española, ás que haberá que descontar 7.000 pola sanción por sobrepesca da UE.

Este reparto foi feito, puntualizou, en beneficio de outras flotas como a do País Vasco, que percibirá o 50 por cento do total con menor número de barcos e de tripulantes afectados.

Sinalou a oposición unilateral da flota galega, que se opuxo frontalmente “cando se deron conta do que tiñan enriba da mesa”, convocando protestas en contra nas que estiveron representados practicamente tódalas embarcacións e armadores afectados polo novo reparto.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar