A Xunta gastou 250.000 € nunha escola infantil pechada e noutros sitios faltan prazas”

A Xunta gastou 250.000 € nunha escola infantil pechada e noutros sitios faltan prazas”

A Xunta gastou 250.000 € nunha escola infantil pechada e noutros sitios faltan prazas”

Os candidatos da Mariña José Ramón Val visitou a escola infantil de Alfoz, na que o goberno de Feijóo investiu 250.000 e a mantén pechada por falta de nenos. “Este é un símbolo claro da lamentable xestión da Xunta na Mariña. Gastaron 250.000 euros nunha escola infantil en Alfoz que agora está pechada, mentres en Foz e Burela hai máis de cen nenos sen praza”, criticou Val, número tres da candidatura do PSdeG-PSOE na provincia. “O PP veu o outro día a destacar os seus logros a Alfoz, pero a realidade é que atoparon múltiples proxectos moi avanzados polo anterior goberno e non foron capaces de facer nada”, afirmou o socialista.

Entre eles destacou que “non foron quen de resolver en case catro anos o problema da concentración parcelaria e a cesión de fincas; o bipartito investiu tres millóns de euros en arranxar as pistas e só quedaba resolver as alegacións, pero nin iso fixeron”. Ademais, incidiu na “paralización do polígono industrial, que non foron capaces de poñer en marcha”, así como “tampouco construíron nin unha soa vivenda social nin a residencia da terceira idade, para o que xa tiñan os terreos cedidos”, dixo.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar