Vacante a dirección xeral de Xuventude logo de rexistrar casos de nepotismo e regalar maletas para animar aos mozos a emigrar

Vacante a dirección xeral de Xuventude logo de rexistrar casos de nepotismo e regalar maletas para animar aos mozos a emigrar

Vacante a dirección xeral de Xuventude logo de rexistrar casos de nepotismo e regalar maletas para animar aos mozos a emigrar

Carmen GallegoA portavoz de Política Social e Mocidade do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou que o presidente da Xunta teña deixado vacante a dirección xeral de Xuventude dende que o seu anterior titular fora candidato á alcaldía de Boqueixón nas pasadas eleccións. Gallego presentou unha moción que será debatida mañá no Pleno do Parlamento.

A responsable socialista resumiu o desleixo do goberno galego en política de xuventude no regalo de maletas aos premios fin de carreira “para que teñan claro que o seu futuro é emigrar. Tamén salientou da situación da dirección xeral, descabezada logo da marcha de Ovidio Rodeiro e cun orzamento pírrico que foi reducido nun 70 por cento baixo o goberno de Feijóo.

Ademais de ter un orzamento minguante, este é vítima do nepotismo insaciable do PP, que abusou de contratos opacos ao número dous do PP de Teo para realizar o programa Parlamento Xove por pequenas contías que permitían burlar o concurso público, e leva anos asinando os contratos dos campamentos de verán coas mesmas empresas.

“A política de xuventude da Xunta non existe”, resumiu para responsabilizar a Feijóo da expulsión cada ano de 13.000 mozos e mozas de Galicia, a razón de 40 ao día. Criticou que deixe en “meras palabras” os seus compromisos para a xuventude dos que só se acorda en campaña electoral para despois rexeitar tódalas propostas presentadas no Parlamento.

Proposta

Os socialistas galegos propuxeron unha política de xuventude transversal entre os distintos departamentos da Xunta, consensuada coas organizacións xuvenís e centrada nos eixos do emprego, a educación e a vivenda. Advertiu que sen bolsas de estudos, unha formación orientada ao traballo e incentivos á emancipación o capital humano mellor formado vaise e Galicia queda “mais pobre, envellecida e pequena”.

Gallego reclamou a recuperación do investimento do I+D+i a niveis de 2009, a diminución das taxas universitarias e o aumento das bolsas, plans de volta ao estudo e recuperar medidas como a cotización á Seguridade Social dos bolseiros ou a alta dos profesionais en cursos de formación.

En definitiva, un paquete de medias que inclúe o impulso de iniciativas locais de emprego, beneficios fiscais para empresas que contraten a mozos e mozas, un plan de retorno de mozos e mozas emigrados e a modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral para mellorar o acceso ao voto deste colectivo.

Pactos

A tamén viceportavoz do Grupo Socialista advertiu que os socialistas están hoxe “alucinados” coas propostas de pacto lanzadas por Feijóo a BNG e PSdeG co fin de conservar as alcaldías que vén de perder nas últimas eleccións municipais. Advertiu do sorprendente deste “xiro aos pactos bipartitos” logo de estar dende 2005 demonizando ininterrumpidamente ao goberno de coalición entre socialistas e nacionalistas.

Advertiu que “o problema de Feijóo é que non é consciente da magnitude da súa perda de apoio electoral” da que “será consciente o próximo sábado 13 de xuño”, o día de constitución das novas corporacións municipais. Advertiulle que “o PSdeG ten unha política de pactos moi clara: non haberá pactos con aqueles que fan dano á cidadanía”.

Emprazou por iso ao PP a “rexenerarse e deixar de facerlle pagar a crise aos que non a provocaron, e despois explicar ese xiro polo que pasaron de demonizar os pactos a buscar agora os acordos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar