Uso partidario e caciquil das infraestruturas deportivas por parte do goberno galego

Uso partidario e caciquil das infraestruturas deportivas por parte do goberno galego

Uso partidario e caciquil das infraestruturas deportivas por parte do goberno galego

Deporte GalegoA portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe o “uso clientelar, partidario e caciquil das infraestruturas deportivas” por parte da Xunta. Acuña presentou unha proposición non de Lei na Comisión Institucional do Parlamento para reclamarlle ao goberno que cumpra coa Lei do Deporte e presente no Parlamento o Plan de Instalacións Deportivas que anunciou en 2010, e que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista cualificou de “caprichoso e absurdo” o mapa das instalacións deportivas en Galicia, xa que “lamentablemente depende mais da cor política do concello” que das necesidades e a demanda obxectiva da poboación. A situación chega a que “aldeas con catro veciños teñen un pavillón enorme infrautilizado e con problemas de mantemento mentres núcleos poboados contan con instalacións deficitarias”.

Puxo como exemplo o caso do concello de A Veiga, onde construíron un polideportivo de 300.000 euros que custou finalmente 500.000 para comprar un empresario concelleiro tránsfuga prometéndolle a obra “que ao final non llela concederon e hoxe preséntase noutra lista”. Así, “onde só se precisaba unha pista cuberta hoxe hai un enorme pavillón que o Concello non da mantido”.

Carmen Acuña esixiu “democracia e por suposto respecto polos recursos públicos” para cumprir coa Lei do Deporte, aprobada en 2012, na que figura a obriga de elaborar o Plan Xeral de Instalacións e Equipamentos “do que deberá informarse oportunamente ao Parlamento”.

Criticou o “cinismo estremo” do PP, que hoxe votou en contra dunha iniciativa socialista que pedía “algo tan complicado como cumprir coa Lei”, ao instar á Xunta a “encargar un plan director sobre as infraestruturas deportivas que permita elaborar un adecuado plan de instalacións e equipamentos deportivos para Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar