Uso discrecional das axudas de Xuventude para 28 campos de traballo de verán

Uso discrecional das axudas de Xuventude para 28 campos de traballo de verán

Uso discrecional das axudas de Xuventude para 28 campos de traballo de verán

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe o “uso discrecional e escuro” das axudas da Dirección Xeral de Xuventude previstas para a organización de 28 campos de traballo de verán para impulsar a dinamización xuvenil baixo a lenda “O teu verán colle unha mochila”.

A responsable socialista lembrou que o programa “carece de convocatoria oficial, non coñecemos os requisitos nin os prazos para os concellos que se queiran adherir” máis alá de que foran asinados os convenios con 19 concellos e unha entidade sen ánimo de lucro. Criticou que o PP rexeitara unha proposición non de Lei na Comisión de Política Social na que os socialistas reclamaban bases públicas e orzamentos suficientes para estas convocatorias.

Rodríguez Rumbo censurou que “o PP goberna para os seus e non entende que están a administrar recursos de tódolos galegos e galegas” e acusounos de agochar os criterios para a concesión das axudas porque “é moito máis doado dárllelo a quen queiran que sexa o agraciado” antes que establecer criterios transparentes e obxectivos.

Considera “incrible” que este partido impida garantir os ditos principios de transparencia, non discrecionalidade e igualdade no acceso ás axudas “no século XXI”, cunha convocatoria da que se descoñece o nivel de financiamento, os prazos de solicitude e concesión e “nin sequera contan con baremos de valoración das solicitudes segundo as actividades a desenvolver”.

O dito programa contemplaba a organización de 28 campus de traballo de verán nas catro provincias galegas para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, para desenvolver traballos de conservación ambiental, protección da paisaxe, bioconstrución, fomento do turismo ambiental, arqueoloxía ou voluntariado social, entre outras.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar