Urximos datas concretas e medios para poñer en marcha o Tribunal de Contratación Pública

Urximos datas concretas e medios para poñer en marcha o Tribunal de Contratación Pública

Urximos datas concretas e medios para poñer en marcha o Tribunal de Contratación Pública

O portavoz de administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle á Xunta “un calendario con datas concretas, medios e mecanismos” para a posta en marcha no primeiro semestre deste ano do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, que leva “un atraso de máis de catro anos” na súa constitución. Villoslada lembrou que é un órgano “fundamental para a transparencia e a loita contra a corrupción e a fraude” nos contratos públicos, que en España supoñen un 15% do PIB.

O socialista apuntou que actualmente todas as administracións locais deben trasladar os expedientes para o control destas contratacións públicas ao tribunal central -que estimou un 23% dos expedientes en 2016- cos “custos económicos” que isto supón, ademais do feito de que a Xunta está a limitar “as capacidades de autogoberno” da comunidade autónoma para garantir a “independencia, obxectividade e calidade” nos contratos públicos de Galicia. Por todo isto, afirmou que os socialistas non aceptarán “máis atrasos” na súa constitución.

Villoslada amosou o seu escepticismo polo feito de que o Consello da Xunta aprobase o acordo da constitución do tribunal “sen explicar cando nin como nin con que medios”, só uns días despois de que o grupo socialista rexistrase iniciativas parlamentarias ao respecto, e lembrou que xa hai un acordo unánime da cámara sobre este tema desde o primeiro semestre de 2016.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar