Urximos á Xunta a activar a prohibición e control das prantacións de pataca sen esperar ao Ministerio

Urximos á Xunta a activar a prohibición e control das prantacións de pataca sen esperar ao Ministerio

Urximos á Xunta a activar a prohibición e control das prantacións de pataca sen esperar ao Ministerio

O portavoz parlamentario do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, e os deputados José Antonio Quiroga e José Manuel Pérez Seco reuníronse esta mañá cos representantes de Unións Agrarias para tratar a problemática da praga de couza que afecta a 31 concellos do norte das provincias da Coruña e Lugo. Tras a reunión e ante a preocupación que trasladan os agricultores, Leiceaga urxe á Xunta a “activar a prohibición nas zonas afectadas e o control das plantacións de pataca sen necesidade de esperar a orde do Ministerio”.

Os socialistas reclaman tamén que a Xunta dote á administración de forma urxente dos equipos de control da comercialización necesarios “para non descargar toda a responsabilidade e as cargas nos concellos”, e que estableza medidas de compensación do lucro cesante para os produtores das zonas afectadas.

Por último, o portavoz socialista pide que o goberno galego “centre os seus esforzos de forma inmediata e con todos os recursos posibles en erradicar a praga nas zonas xa afectadas”, nas que a maioría de plantacións son para o autoconsumo, para “evitar por todos os medios que se estenda a outras zonas de Galicia nas que o cultivo é vital para a economía”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar