Urxente e inaprazable mellora da estrada entre Baralla e a A-6

Urxente e inaprazable mellora da estrada entre Baralla e a A-6

Urxente e inaprazable mellora da estrada entre Baralla e a A-6

A deputada socialista Concepción Burgo presentou no Parlamento unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno galego que cumpra co seu compromiso, asumido dende 2010, para mellorar a estrada de conexión entre Baralla e a A-6. Este tramo é o único que se mantén sen modificar do arranxo feito da estrada LU-710 que une O Cádavo e Baralla.

A responsable socialista alerta do risco para a seguridade dos usuarios dunha vía estreita que en inverno vese afectada por placas de xeo “debido á auga que emerxe en case todo o tramo da vía”. Ademais, padece dunha “difícil mobilidade para camións e autocares, especialmente cando coinciden dous vehículos en direccións opostas”.

Sinala a urxencia deste arranxo para unha vía que é o enlace máis directo do núcleo central da localidade luguesa coa autoestrada, e que require de ser dotada dun ancho de 9 metros, solucións de drenaxe e adoptar variacións no trazado para corrixir as curvas.

Considera “absolutamente necesario que a Xunta cumpra coas súas promesas” acadadas en 2010 sendo conselleiro de Infraestruturas Agustín Hernández, quen se comprometeu daquela a facer as obras necesarias e garantir que tivera as mesmas características dos quilómetros xa arranxados.

A responsable socialista considera “excesivo e inasumible” o retraso do goberno galego á hora de afrontar a mellora desta infraestrutura e por iso reclama que comecen cos trámites necesarios para a intervención nun prazo máximo de seis meses.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar