Urxente dixitalización da administración de xustiza

Urxente dixitalización da administración de xustiza

Urxente dixitalización da administración de xustiza

xustizaA portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou hoxe a axilización do proceso de dixitalización da administración de xustiza de Galicia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Xustiza do Parlamento, na que instou ao goberno galego a xeneralizar a presentación e notificación telemáticas en todas as ordes xurisdicionais.

Vilán lembra que en Galicia “aínda non se ten conseguido” a xeneralización da presentación telemática de escritos en todas as ordes, malia á súa progresiva implantación. De acordo coa memoria do Tribunal Superior de Xustiza de 2014, a previsión era completar as catro provincias incluíndo por fin á provincia de Lugo para a presentación de escritos civís e só para procesos declarativos.

A mesma memoria sinalaba que a partires do mes de outubro e ata fin de ano “se completará nas ordes xurisdicionais social e contencioso – administrativo”, quedando excluído polo momento o penal. Vilán alertou da escasa formación dos funcionarios para adaptarse ás novas tecnoloxías, mentres a Fiscalía non realiza “nada a través de lexnet”, a plataforma dixital da xustiza.

Modernización

Vilán lembra que foi a Lei 18/2011reguladora do uso das tecnoloxías da información e comunicación na Xustiza, aprobada polo goberno de Zapatero, a que regulou por primeira vez na historia o expediente xudicial electrónico.

Aquela norma entendía, dixo, que a modernización da administración de Xustiza resulta “esencial” para cumprir co dereito á tutela efectiva dos dereitos de tódalas persoas diante dos tribunais. Ademais de abaratar custes, explicou que “grazas ao uso das novas tecnoloxías actualízase o dereito fundamental a un proceso público sen dilacións debidas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar