Urxen explicacións a Arias Cañete sobre a posicion do goberno en relacion coa Cumbre Mundial de Sustentabilidade

Urxen explicacións a Arias Cañete sobre a posicion do goberno en relacion coa Cumbre Mundial de Sustentabilidade

Urxen explicacións a Arias Cañete sobre a posicion do goberno en relacion coa Cumbre Mundial de Sustentabilidade

O portavoz do PSOE no medio Ambiente e Cambio Climático, Miguel Fidalgo, reclama ao Goberno que aposte polo desenvolvemento sustentable na axenda global política e económica e que consensúe unha posición única con Europa

O Grupo Parlamentario Socialista do Senado presentou un escrito, ante o Rexistro da Cámara, solicitando a comparecencia do Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, ante a Comisión de Medio Ambiente e Cambio Climático da Cámara Alta.

O senador por Ourense, Miguel Fidalgo, portavoz socialista na Comisión de Medio Ambiente e Cambio Climático e autor desta petición, reclama información ao Ministro sobre a posición do Executivo en relación co Cume Mundial de Sustentabilidade organizada por Nacións Unidas, Rio+20.

Fidalgo explicou que o cume de Río+20 celebrará, na cidade brasileira, o corenta aniversario da primeira gran conferencia de política internacional sobre medio ambiente, que tivo lugar en Estocolmo en 1972. Con este acto tamén se conmemorará o vixésimo aniversario da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio ambiente e Desenvolvemento, coñecida como Cume da Terra, que se celebrou en Río de Janeiro en 1992.

O parlamentario do PSOE subliñou que o cume Río+20 ten como obxectivo actualizar o concepto de desenvolvemento sustentable e a adaptación das políticas cara a unha economía ecoeficiente.

Miguel Fidalgo lembrou o traballo encargado pola ONU e realizado polo Grupo de Alto Nivel do Secretario Xeral sobre a Sustentabilidade Global. Fidalgo, que destacou a participación neste grupo de traballo da exministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, lembrou algunhas das conclusións do informe no que se apostaba por incluír o desenvolvemento sustentable na axenda global política e económica, loitando pola erradicación da pobreza e o aumento da igualdade.

O senador por Ourense insistiu na necesidade de xestionar os recursos dunha forma sustentable e xusta, apostando pola biodiversidade e a xestión correcta do cambio climático.

Por todo iso, Miguel Fidalgo mostrou o seu interese en que o Goberno asuma un papel protagonista defendendo os obxectivos anteriormente citados e sinalou que é necesario que acudan á cita de Río os principais líderes mundiais. Ademais, reclama ao Executivo que traballe en Europa para alcanzar unha posición común e, posteriormente, defendela no cume e que estes principios empecen a aplicarse en España e Europa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar