Urxen á Xunta a dotar de axudas para arranxar os camiños dos adegueiros da Rúa e do Barco

Urxen á Xunta a dotar de axudas para arranxar os camiños dos adegueiros da Rúa e do Barco

Urxen á Xunta a dotar de axudas para arranxar os camiños dos adegueiros da Rúa e do Barco

A parlamentaria socialista, Carmen Acuña, recrimina á consellería a “frialdade” de trato con esta denominación e a desigualdade de trato amosada polo Presidente Feijóo, quen dixo que o Albariño era o mellor caldo do mundo

Acusa á Xunta de buscar “premiar” aos alcaldes do PP derivando as axudas previstas para estes camiños aos concellos de menor superficie e “castigar” aos que daquela tiñan goberno socialista

A deputada socialista, Carmen Acuña, ven de presentar unha pregunta ao Goberno na Comisión parlamentaria de Agricultura para coñecer si os adegueiros de A Rúa e O Barco de Valdeorras van recibir, e con qué contía, as axudas para arranxar os accesos aos seus viñedos.

A parlamentaria valdeorresa recordou ao Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández, que o anterior conselleiro e Medio Rural decidira retirar estas achegas, comprometidas para arranxar estas camiños aos viñedos nos concellos con maior extensión dentro da denominación de orixe.

Recrimina a deputada socialista o feito de que os cartos foran “desviados” a arranxar os camiños en pequenos concellos que, precisamente tiñan gobernos do PP, pero que agora se manifestan difíciles de manter en condicións e dan cobertura a unha superficie moi pequena. “Vostedes tiñan unha intención, a de premiar aos alcaldes populares e excluíndo aos que tiñan alcalde socialista daquela”, afirmou.

Acuña condena a discriminación da Denominación de Orixe Valdeorras por parte da Xunta e do propio presidente, Núñez Feijóo, quen xa dixera publicamente que o mellor viño de Galicia era o Albariño.

Condena a “frialdade de trato” que profesa a Xunta a esta denominación á que leva a prometer desde hai máis de tres anos medidas compensatorias.

A deputada socialista puxo enriba da mesa a importancia que, non só ten estes camiños para a mellora da colleita da uva, senón polo papel que xogan como cortalumes. Por esta razón impeleu ao responsable da consellería a tramitar estas axudas antes do verán. “Urxen as axudas porque serven tamén para prever que ardan as viñas co lume forestal”, insistiu.

Espera a deputada socialista un trato máis favorable cara esta denominación por parte da Xunta. De tal xeito que o Goberno galego “que axuden a todas as denominacións de orixe por igual”. Carmen Acuña defendeu a labor que Valdeorras esta a facer, sen a axuda da Xunta. Laiouse que viños, considerados internacionalmente dos mellores, non reciban axudas nin a Xunta os estime.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar