Urxe unha explicación técnica, xudicial e política do accidente de Angrois

Urxe unha explicación técnica, xudicial e política do accidente de Angrois

Urxe unha explicación técnica, xudicial e política do accidente de Angrois

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Férnandez Leiceaga, reclamou hoxe unha “explicación técnica, xudicial e política” ao accidente de Angrois. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei no Pleno do Parlamento que foi emendada polos socialistas galegos para reclamar unha nova investigación independente e unha Comisión de Investigación no Congreso.

A proposta, no sentido da iniciativa que foi aprobada en Castela – León coa abstención do PP, foi aceptada por En Marea, que presentou a Proposición non de Lei , pero será votada mañá. Fernández Leiceaga explicou que, xunto coa iniciativa do Parlamento de Castela e León, tería un “valor simbólico relevante” como “chave para abrir a investigación no Congreso dos Deputados”.

O responsable socialista apostou por partir dunha investigación xudicial para “dilucidar outras responsabilidades máis alá das penais, que se as hai deben ser depuradas convenientemente”. Subliñou que “o Parlamento de Galicia non é o ámbito adecuado” para esta investigación, xa que carece competencias sobre a conexión ferroviaria e polo tanto sería incapaz de “mandatar a políticos e técnicos” que compareceran.

Peritaxe técnica

Explicou que a dita peritaxe técnica resulta unha “condición previa para a investigación política e tamén para a xudicial”, xa que “doutro xeito estariamos operando a cegas sobre a base da nosa intuición”. Por iso, dixo, “insistimos na necesidade de promover unha investigación técnica independente para favorecer o esclarecemento, coñecer a verdade e facer xustiza”.

Lembrou que a investigación xudicial atópase “en fase de instrución” e permitirá “determinar a existencia de responsabilidades con relación ao sistema de freado automático e a inexistencia dunha avaliación sistemática dos riscos”. “Pódese agardar –engadiu- ao fondo da investigación para determinar responsabilidades penais” e a partir de aí “dilucidar outras responsabilidades, que se as hai deben ser depuradas convenientemente”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar