Urxe o desbloqueo das conversas Xunta - Concello para acelerar a Edar de Santiago

Urxe o desbloqueo das conversas Xunta - Concello para acelerar a Edar de Santiago

Urxe o desbloqueo das conversas Xunta – Concello para acelerar a Edar de Santiago

O deputado socialista Xoaquín Fernández Leiceaga emprazou hoxe ao goberno galego a “facer todo o posible para desbloquear canto antes” as conversas co Concello de Santiago para comezar cos trámites da Edar de O Souto. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas, na qu alertou dun “grave problema de incumprimento de prazos”.

O responsable socialista lembrou que foi o goberno do PP no Concello o que decidiu desbotar en 2011 o proxecto de Silvouta, xa orzamentado e con tódolos trámites administrativos pechados, para levalo a O Souto. Dende aquel momento, no que o custe da obra pasou a ser “substancialmente maior do previsto”, e advertiu que a Xunta e o goberno central intentaron trasladar unha “carga desproporcionada” ao Goberno local.

Fernández Leiceaga fixo un “chamamento encarecido a facer todo o posible a desbloquear canto antes” o convenio necesario entre as tres administracións para poñer en marcha en prazo esta obra. Dixo que “non se trata só dun problema financeiro”, senón que se trata de “compatibilizar os intereses das tres partes” para iniciar “canto antes” unha obra que xa conta cun retraso de cinco anos.

Advertiu que aínda que a data límite para ter as instalación construídas sen perder as axudas europeas é 2022, cumpre contar cun mínimo de 36 meses para executar a obra, co que “poñémonos a finais de 2019”. O parlamentario socialista sinalou que os dous anos que quedan ata esa data son “realmente escasos para realizar o proxecto, asinar o convenio e proceder á licitación e adxudicación”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar