Urxe activar o Camgal para protexer ás rías da contaminación por cinzas

Urxe activar o Camgal para protexer ás rías da contaminación por cinzas

Urxe activar o Camgal para protexer ás rías da contaminación por cinzas

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, urxiulle hoxe ao goberno galego a posta en marcha do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña –Camgal-, para protexer ás rías do efecto das cinzas. A responsable socialista presentou unha batería de iniciativas para dar a voz de alarma diante deste fenómeno derivado da vaga de lumes da pasada fin de semana.

Os socialistas galegos alertan da urxencia de poñer en marcha este protocolo que establece as normas e procedementos básicos de actuación, a estrutura de organización e o sistema de resposta fronte a un episodio de contaminación mariña accidental que afecte ao litoral galego.

Advertiu que “é necesario establecer medidas preventivas coa máxima urxencia”, para evitar que as substancias tóxicas cheguen ao mar, onde afectan directamente ao ecosistema produtivo de mariscos e moluscos. Nestes últimos a incidencia resulta especialmente grave, xa que a contaminación prodúcese por filtración, un proceso no que reteñen gran cantidade de materia orgánica.

jacobo

Artigos relacionados

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Deixar a resposta

Pechar