Uns orzamentos "políticamente indecentes"

Uns orzamentos "políticamente indecentes"

Uns orzamentos “políticamente indecentes”

O portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe os orzamentos “politicamente indecentes” do goberno galego. No debate das emendas dos socialistas aos Orzamentos da Xunta, criticou que o PP defenda “o modelo social da nova torre de Villar Mir, quen logo de anunciar a venda das hidroeléctricas da Costa da Morte quere instalar, unha universidade privada e un hospital privado no edificio”.

Losada considera “politicamente impresentable” que o goberno galego aumente os salarios dos altos cargos nun 7 por cento mentres “foron incapaces de gastar para solucionar o problema da pobreza enerxética” en Galicia pero dedicaron a publicidade e propaganda. Acusounos de defender “a desregulación económica, os procesos privatizadores e a precarización constante do mercado laboral para construír o que ven ser denominado como precariado”.

Advertiu que “o importante é a desigualdade, e o urxente de verdade é a pobreza, que non se soluciona coa Risga nin con parches, senón con emprego de calidade e salarios dignos que permiten ás familias saír da pobreza por si mesmas”. Acusou ao goberno galego de defender os intereses das grandes fortunas “mentres os contratos temporais de menos de un mes aumentaron un 82 por cento durante a crise”.

Sinalou que a precarización galopante dos traballadores e traballadoras, que en Galicia supuxo que a remuneración por hora sexa un 15 por cento máis baixa que no Estado, provoca “perda de poder adquisitivo e polo tanto caída da demanda interna”.

Lembrou que durante o goberno de Feijóo rexistráronse 44.000 parados mais e 110.000 ocupados menos, unha diferenza de 66.000 persoas “desaparecidas” do mercado laboral pola crise demográfica e a emigración laboral.

Cambio do modelo fiscal

Losada considerou “imprescindible” reducir gastos superfluos do goberno galego, como o 30 por cento de gastos inmateriais, ou as campañas de promoción, e modificar o modelo fiscal para constituír un sistema máis progresivo no IRPF e aplicando impostos ás grandes fortunas, como ás superficies comerciais ou fiscalidade ás empresas contaminantes.

Apostou por gravar as costas ás maiores fortunas para “intentar facer dúas cousas moi sinxelas, que son mellorar o mercado laboral con salarios dignos e traballadores que non sexan pobres e a blindaxe dos servizos públicos con recursos en sanidade e ensino público”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar