Unha xestión “mediocre” da Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente que necesita “máis investimento e menos incumprimentos”

Unha xestión “mediocre” da Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente que necesita “máis investimento e menos incumprimentos”

Unha xestión “mediocre” da Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente que necesita “máis investimento e menos incumprimentos”

“A licitación de obra pública caeu un 84% dende 2008, a Lei do Solo invade competencias municipais e as axudas do Plan de Vivenda estás paralizadas”, asegura o deputado Xosé Sánchez Bugallo

“Non hai un plantexamento para poñer en valor solo Industrial en Galicia, desapareceu o espírito reivindicativo diante de Goberno central e varios concellos agardan as depuradoras prometidas pola Xunta”, afirma

O portavoz de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou hoxe no pleno do Parlamento de Galicia que a xestión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta do PP nos últimos anos “é mediocre, cunha caída alarmante dos investimentos e numerosos incumprimentos”.

Nunha comparecencia a petición dos socialistas da nova conselleira, Ethel Vázquez, Bugallo lembrou que “vostede ten responsabilidades desde o ano 2009 e os datos están aí, fixeron desaparecer o espírito reivindicativo diante do goberno central e os orzamentos en todos os apartados caeron máis dun 30% con respecto á etapa dos Gobernos de Touriño e Zapatero, que foi cando máis se apostou por Galicia”.

O deputado do PSdeG advertiu da caída do 84% na licitación de obra pública nos últimos anos e das dúbidas que provoca a nova Lei do Solo, “que desprotexe o rural e invade competencias municipais”.

Bugallo falou tamén das dificultades no acceso e a rehabilitación de vivenda: “O plan estatal 2013-2016 aprobouse en abril do ano pasado e aínda non se puxo en marcha nin unha soa actuación, nin se investiu un só euro, asegurou o responsable socialista, que engadiu a escasa capacidade da Xunta do PP e da Consellería á hora de rendibilizar e poñer en valor os millóns de metros cadrados de solo industrial dispoñibles en Galicia.

Por outra parte, o deputado socialista falou das depuradoras de Sanxenxo, Ribeira ou Santiago de Compostela, “en definitiva, una xestión chea de incumprimentos e con moi poucas medidas reais, salvo o incremento da recadación nun 125 por cento en 2014 con relación a 2013 pola suba en determinadas taxas e impostos”.

Na súa quenda de réplica, Bugallo rexeitou que a Consellería “funcione con coherencia e planificación, e temos o exemplo do Plan MOVE, que foi presentado nun acto con máis de 1.500 persoas pero non se cumpriu, como tamén podemos falar do acontecido na Autovía da Costa da Morte”.

Dixo que dita obra constitúe “o exemplo paradigmático de actuación desastrosa: rescinden primeiro o contrato, e despois adxudícase ás mesmas empresas 215 millóns de euros mais caro, e cinco anos mais tarde non só non hai autovía senón que as obras están paradas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar