Unha sanidade de calidade require traballadores en condicións dignas e estables

Unha sanidade de calidade require traballadores en condicións dignas e estables

Unha sanidade de calidade require traballadores en condicións dignas e estables

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, sinalou hoxe que “resulta imposible ofrecer unha sanidade pública de calidade sen traballadores con condicións dignas e de calidade”. Así o dixo logo dun encontro cos sindicatos de sanidade CIG-Saúde, CSIF, UGT, SATSE e SAE hoxe no Parlamento.

O responsable socialista esixiulle hoxe ao goberno autonómico “que abra vías de diálogo cos representantes dos traballadores e traballadoras” para a mellora das condicións laborais. Dixo que o Goberno galego debe dar conta do cumprimento da recente sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, que determina ilegal contratar traballadores en precario para cubrir postos estruturais da sanidade pública.

Os socialistas galegos farán da situación laboral do persoal da sanidade pública un dos eixos do seu traballo parlamentario na Lexislatura que comeza. O obxectivo, dixo, é mellorar a calidade dun servizo fundamental partindo do incremento da estabilidade laboral dos seus profesionais, fronte á preocupante tendencia á precarización por parte dos gobernos do PP.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar