Unha oposición responsable, propositiva e útil para a cidadanía

Unha oposición responsable, propositiva e útil para a cidadanía

Unha oposición responsable, propositiva e útil para a cidadanía

O que fora candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asumiu hoxe definitivamente o seu nomeamento como portavoz do Grupo Parlamentario logo de ser designado pola dirección do partido. Anunciou as prioridades da acción política do Grupo logo dunha xuntanza na que a presidenta da xestora, Pilar Cancela, comunicou o nomeamento en persoa.

Fernández Leiceaga anunciou así unha oposición “responsable, propositiva e útil para a cidadanía” que ofrecerá toda a “ilusión e entrega” co horizonte de “ampliar o noso espazo político” marcando un “estilo propio” combinando as iniciativas en positivo co obrigado control parlamentario ao goberno. Os socialistas buscarán, dixo, “confrontar coas políticas do PP buscando influenza para modificalas en favor da cidadanía”.

O portavoz socialista marcou as liñas mestras da política que desempregará o Grupo nesta lexislatura, centradas no emprego e a economía, a recuperación dos servizos públicos básicos e a defensa dos valores propios da ideoloxía socialista, nomeadamente a igualdade, constituíndose como un puntal da estratexia do partido en Galicia.

Os integrantes do Grupo Socialista intensificarán, dixo, o seu contacto coa sociedade e ofrecerán unha presenza constante no territorio para centrarse, xa dende a sesión de investidura, no debate do orzamento para o ano 2017 como primeira tarefa da nova Lexislatura.

Traballo parlamentario

Fernández Leiceaga explicou que hoxe foi constituída tamén a Permanente do Grupo Parlamentario integrada por Patricia Vilán e Luis Álvarez como viceportavoces primeiro e segunda, respectivamente, a cabeza de lista por Ourense, Noela Blanco, e Juan Manuel Díaz Villoslada como secretario do Grupo.

O portavoz socialista anunciou un curso político no que o acordo entre os grupos minoritarios sexa a norma para consolidar unha tarefa de oposición “con normalidade”. Neste sentido apelou á “flexibilidade e responsabilidade” xa dende a sesión constitutiva do próximo venres.

Na devandita sesión serán escollidos os integrantes da Mesa do Parlamento, e na que os socialistas proporán a Concepción Burgo como unha dos dous que lles debera corresponder escoller á oposición. Sinalou a “inutilidade de confrontar entre nós” e apelou a “evitar calquera espectáculo” derivado da falla de acordo porque, subliñou, “non existe razón para que sexa así”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar