Unha investidura "decepcionante" marcada polo "continuísmo" e as "ausencias elocuentes"

Unha investidura "decepcionante" marcada polo "continuísmo" e as "ausencias elocuentes"

Unha investidura “decepcionante” marcada polo “continuísmo” e as “ausencias elocuentes”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou hoxe o discurso “decepcionante” de Feijóo na primeira intervención da Sesión de Investidura. Así o dixo logo dunha intervención marcada, dixo, pola ausencia de balance e autocrítica, “continuísmo e inmobilismo” nas súas políticas e “ausencias elocuentes” de compromisos fundamentais cos servizos públicos, a reforma do modelo de financiamento e investimentos.

O responsable socialista criticou que as “boas palabras” do candidato a presidente da Xunta sexan “baleiras de contido, sen nada detrás”, e que a partir dunha “proposta vacua e inconcreta de acordo –quén vai estar en contra de defender a Galicia?, preguntou- quere ter ao Parlamento calado e facernos renunciar a a exercer o noso labor de control”.

Sinalou que a “escasa ambición” do presidente da Xunta motivará “a nosa posición negativa” á súa investidura como parte dunha “oposición seria, crítica e tamén construtiva”. Así, anunciou que os socialistas “estamos dispostos a tender a man para acordar a reforma do modelo de financiamento autonómico” e para actuacións fundamentais para Galicia.

Leiceaga puxo o foco sobre as “elocuentes ausencias” dunha intervención da que desterrou a sanidade, esquecendo á atención primaria, fixo “escasísimas referencias” á atención aos Dependentes e aos maiores en xeral e eludiu tratar a crise do sistema de pensións. Tampouco fixo referencia aos medios de comunicación públicos, e apenas tratou a lingua e á cultura, ás que limitou unha “oratoria baleira de contido”.

O candidato do PP, engadiu, renunciou a propoñer “ningunha novidade para rexenerar a vida política” e apenas limitouse a replicar as medidas que xa existen, garantindo así “reproducir no futuro os seus erros e fracasos e reeditar as dificultades do presente”. Tampouco convenceron ao portavoz socialista as alusións á cuestión demográfica logo dun Plan Demográfico aprobado polo PP “que non tivo ningún efecto real”.

Engadiu que as referencias ao autogoberno resultan igual de baleiras, por canto “limítase a fixar o que xa temos, renunciando a facer ningunha competencia nova logo de oito anos nos que non foi capaz de traer para Galicia aquelas que reclamara nos seus anteriores discursos”.

Tamén careceu de referencias significativas á igualdade de xénero “nin á igualdade interpersoal en xeral” nun entorno no que “a desigualdade prospera” como resultado das políticas da dereita. Lamentou esas ausencias cando as mulleres perden cada vez máis poboación activa en termos absolutos e cando Galicia foi a Comunidade Autónoma con máis mortes por violencia de xénero en relación ao número de mulleres en 2015.

Voto delegado

A deputada socialista María Pierres, que non poderá asistir a esta sesión por ter dado a luz recentemente, solicitou o voto delegado, que exercerá no seu nome o deputado Abel Losada.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar