Unanimidade no apoio á iniciativa socialista esixindo maior eficiencia enerxética nos edificios da Xunta

Unanimidade no apoio á iniciativa socialista esixindo maior eficiencia enerxética nos edificios da Xunta

Unanimidade no apoio á iniciativa socialista esixindo maior eficiencia enerxética nos edificios da Xunta

O parlamentario socialista, Lage Tuñas, defendeu a Proposición Non de Lei para implementar as medidas de eficiencia enerxética nos edificios da Xunta aprobada por todos os grupos na Comisión 1ª

O deputado socialista considera que, en tempos de crise, é mais importante que a construción de novos edificios administrativos o mantemento eficiente dos existentes

Lage Tuñas puxo de exemplo de ausencia de control sobre os custes de mantemento o complexo da Cidade da Cultura, da que só abrir as portas supón dilapidar recursos de xeito automático e permanente

A Comisión 1ª do Parlamento de Galicia ven de aprobar por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Socialista pola que se insta ao Goberno galego a implementar medidas de eficiencia enerxética no conxunto dos edificios administrativos da Xunta de Galicia co obxecto de diminuír custes e introducir sistemas e técnicas de optimización de recursos enerxéticos no mantemento de instalacións e equipamentos públicos, co obxectivo de acadar unha diminución na facturación por este concepto da Xunta dun mínimo dun 25% no 2012 respecto ao ano anterior.

A iniciativa, engade, en aras do consenso parlamentario, que, a Xunta, a través do Inega, teña presente, se é necesario, iniciativas para detectar e corrixir nos centros e institucións de carácter público as situacións de consumo enerxético gravosas en exceso e sen necesidade para o Herario Público que se poidan estar producindo por algunha das seguintes causas: 1º. Por non ter unha tarifa regulada de último recurso, non telo feito a día de hoxe; e 2º. Por non ter feito os trámites que a legalidade contempla, estar pagando un recergo do 20% do custe.

Na súa defensa da Proposición Non de Lei, o deputado socialista considerou “urxente e imprescindible” implementar medidas de eficiencia enerxética no conxunto dos edificios públicos pertencnetes á Administración autonómica.

Lage Tuñas está convencido de que “unha correcta administración e un bo uso” dos recursos físicos dos que dispón a Xunta de Galicia poderá contribuír a unha mellora na eficiencia económica da administración galega, establecendo non só beneficios económicos senón tamén sociais e culturais.

Neste sentido, o parlamentario socialista puxo de exemplo os edificios do Monte Gaias, a Cidade da Cultura. “Non se poden abrir centros públicos sen saber o que lle pode custar a cada quen o seu mantemento”, Abrir a porta deste complexo, recordou Lage, “supón dilapidar recursos públicos de xeito automático e permanente”.

Os socialistas consideran que a Administración Pública ten que ser a primeira en dar exemplo de boas prácticas e neste sentido considera o seu voceiro na Comisión 1ª “fundamental optimizar os edificios públicos para unha mellora da eficiencia enerxética”. Confía Lage Tuñas en que esta boa práctica servirá de exemplo en outras administracións e se irá trasladando á cidadanía, contribuíndo así a mellorar a eficiencia enerxética de xeito xeral.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar