Unanimidade a favor da iniciaitva socialista para promover o non desperdicio de alimentos e reducir os resíduos

Unanimidade a favor da iniciaitva socialista para promover o non desperdicio de alimentos e reducir os resíduos

Unanimidade a favor da iniciaitva socialista para promover o non desperdicio de alimentos e reducir os resíduos

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou ao PP de facer retroceder a Galicia un total de 40 anos en materia medioambiental en tan só unha lexislatura. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para que a Xunta desenrole as medidas necesarias encamiñadas a promover o non desperdicio de alimentos e diminuír o volume de residuos. A iniciativa socialista acadou finalmente o apoio unánime dos grupos presentes na Comisión.

A parlamentaria socialista responsabilizou ao goberno galego “dos efectos da avalancha de solicitudes de explotacións mineiras das que a mina de Corcoesto é o exemplo mais palmario”. Criticou que o goberno galego suma ao seu desleixo unha política claramente lesiva para o medio ambiente de Galicia, ao considerar esta materia “un luxo en tempos de crise”.

Vilán criticou a aprobación da nova Lei de Augas, que suporá un incremento do 40 por cento na tarifa ao impoñer dous novos tributos, o canon da auga e o coeficiente de vertedura. Ademais, puxo a costa “a disposición do mellor postor” cunha nova Lei de costas na que o PP galego “allánase ante Rajoy e os poderes económicos” permitindo o mantemento de Ence na ría de Pontevedra ata 2093.

Ademais, Galicia e España “renuncia á normativa da UE na redución de residuos e nos obxectivos de redución da contaminación atmosférica”, e como primeira medida que o demostra, a aposta do PP pola incineración e o vertedoiro no modelo Sogama fronte á reciclaxe menos lesiva para o medio.

Advertiu que o goberno galego “abandona á súa sorte ao medio rural” cunha política que se saldou en 2012 con centos de hectáreas de masa forestal arrasadas polo lume, cunha política que prescinde da prevención e volve a épocas pasadas nas que responsabilizan aos concellos da xestión dos lumes “con eses convenios dos que o PP tanto presume”.

Engadiu a moratoria “sine die” ao desenvolvemento das enerxías renovables, que “está fundindo ao sector nunha ruinosa situación económica”, mentres demostran un “enorme desprezo cara á comunidade científica, cara calquera canle de participación cidadá e calquera iniciativa parlamentaria da oposición”.

Cinismo

Denunciou o cinismo dun goberno galego que celebra o día mundial do Medio Ambiente –o pasado 5 de xuño- nos parques naturais ou celebra a declaración do parque natural Xurés – Gêres como reserva da biosfera. Sen embargo, critica, “nada di da construción da central reversible, que suporía trasvasar as augas infectas do encoro de As Conchas ás limpas augas do encoro de Salas, que se atopa xustamente neste parque”.

Dixo que o goberno galego “non ten encetado unha soa campaña institucional, nin axudas ao agro, nin aposta pola comida orgánica, nin unha ordenación do territorio decente, nin aposta pola biodiversidade”. Alertou de que “si non se actúa xa para preservar a biodiversidade, traspasaremos un punto de inflexión no que os sistemas naturais non se poderán recuperar”.

Chamou ao goberno galego e ao conxunto das administracións a que “adoiten novas e eficaces medidas para lograr que, en 2020, se cumpra o obxectivo mundial de deter a destrución da diversidade biolóxica”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar