Un xefe territorial da Xunta vinculado coa trama de licenzas de caza e pesca irregulares

Un xefe territorial da Xunta vinculado coa trama de licenzas de caza e pesca irregulares

Un xefe territorial da Xunta vinculado coa trama de licenzas de caza e pesca irregulares

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, reclamou hoxe “depurar responsabilidades ata o final” co cese do xefe de Conservación da Natureza da Coruña, Carlos Muñoz Martínez, pola trama irregular de concesión de licencias de caza e pesca.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura sobre a actuación do goberno galego diante desta trama logo de que o propio xefe territorial de Conservación da Natureza recoñecera que “el mesmo posúe dúas licencias presuntamente conseguidas a través deste operativo” para eludir o exame e o pago das taxas correspondentes.

García reclamoulle

ao goberno galego que explique “si considera lóxico que Muñoz Martínez siga no seu posto” logo de beneficiarse dunha trama que afecta a un servizo que el mesmo ten a responsabilidade de supervisar”. Esixiu actuacións do goberno “mais alá das estritamente xudiciais” para asumir responsabilidades políticas dunha “suposta rede espallada por todo o territorio”.

Ademais, o parlamentario socialista reclamoulle ao goberno galego que explique “qué cargos políticos tiveron ou teñen estas licencias”, e mesmo chegou a preguntar si o actual presidente da Deputación Provincial, Diego Calvo, “ten unha licenza de caza ou pesca sen ter pagado a taxa obrigatoria”.

Lamentou o desleixo amosado polo goberno galego logo de ter recoñecido a trama para conceder licencias incumprindo os requisitos do exame e do pago das taxas que, engadiu, “a gravidade radica na importancia da estafa e por suposto do risco que supón que a xente poida obter a licenza de caza de pesca sen pasar polos requisitos establecidos”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar