Un sistema de prevención e extinción de incendios "insostible, ineficiente e caro"

Un sistema de prevención e extinción de incendios "insostible, ineficiente e caro"

Un sistema de prevención e extinción de incendios "insostible, ineficiente e caro"

incendio-xurésO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, cualificou hoxe de “insostible, ineficiente e caro” o servizo de prevención de incendios da Xunta de Galicia. O responsable socialista esixiu a comparecencia da conselleira de Medio Rural para dar conta no Parlamento do servizo de prevención e extinción de incendios previsto para este verán. García considera que a política de prevención de incendios resulta “insostible economicamente e que se basea unicamente nun dispositivo de extinción cada vez mais fragmentado, menos operativo, menos profesional, menos eficiente e mais caro a través do sistema de brigadas municipais”. Lembrou que a conselleira “a día de hoxe non veu a presentar o Pladiga na Cámara”, por primeira vez dende que goberna Feijóo. Lamenta que “a prevención quedou relegada a un cumprimento, no mellor dos casos, teórico sobre o papel sen ningún tipo de priorización nin planificación nin a curto nin a medio nin a longo prazo”. A presentación do Pladiga, engade, “vén sendo ano tras ano unha enumeración de medios de extinción carente de toda planificación”. O PSdeG-PSOE defende un modelo baseado na prevención, e unha prevención baseada na potenciación da actividade agrogandeira e forestal como elemento principal. “ese modelo sería a medio prazo non só máis eficiente senón que moito máis barato e xeraría emprego”. O responsable socialista advertiu das eivas nos medios de prevención, así como na planificación e posta en marcha dos operativos de extinción do lume en Galicia, que na primeira vaga de calor xa rexistrou importantes focos en Boborás, Lobios ou Teo. Nestes “quedou de manifesto a ineficacia dos medios do goberno galego, poñendo en risco, ademais do noso patrimonio natural, os bens dos veciños ameazados polas lapas”. García lembrou que xunto á alerta xeneralizada polo retraso na posta en marcha dos medios de extinción nun lume, o de Teo, que ameazou seriamente os bens dos veciños, coincidindo coas denuncias pola supresión de medios na provincia de Ourense, unha das que mais lumes rexistran do Estado e que o propio comité de empresa da Consellería alertou de que o servizo de extinción tan só conta co 35 por cento dos seus efectivos. Esta situación, xa de por si complicada, convértese en “crítica” ao padecer o desmantelamento dos medios de prevención e investigación dos lumes. García lembrou que a Xunta leva “anos” facendo desaparecer as casetas de incendios dende as que era posible detectar e dar a alarma, reducindo o tempo de resposta e o custe dos medios necesarios para a extinción. Ademais, a desaparición das BRIIF –Brigadas de Investigación de Incendios Forestais- impide coñecer as causas e motivos dos lumes forestais, reducindo notablemente polo tanto a eficacia da prevención dos incendios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar