Un servizo de Hemodiálise digno para o Hospital de Cee

Un servizo de Hemodiálise digno para o Hospital de Cee

Un servizo de Hemodiálise digno para o Hospital de Cee

A deputada socialista Loli Toja anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar o reforzo do servizo de Hemodiálise do Hospital de Cee. Logo dunha visita ao centro, constatou que o servizo atende a 8 persoas 3 días á semana, o que obriga aos doentes a realizar unha “peregrinaxe” a centros privados, o que resulta “un calvario para eles e carísimo para o Sergas”.

A parlamentaria da Costa da Morte sinalou que hoxe hai 4 postos de hemodiálise que atenden aos pacientes 3 días á semana en dúas quendas, o que supón atender a 8 persoas. Os días que non son atendidos, dixo, son obrigados a xornadas de 11 horas 3 días á semana simplemente por non poñer máis medios.

O resto de pacientes que non son atendidos en Cee, explicou, teñen que ser trasladados ao Servizo de Nefroloxía, e algúns derivados ao Hospital San Rafael, un centro privado de A Coruña que supón un custe de 3.000 euros por paciente ao mes. Así o dixo logo dun encontro con afectados polo servizo que teñen que soportar estas condicións, ao que tamén asistiu a portavoz do PSdeG en Cee, Margot Lamela.

Ampliación

Toja urxiu a rematar co compromiso acadado de ampliar o servizo nunha nova sala con 10 postos, o que aumentaría de 8 a 20 as persoas atendidas nas quendas que hai hoxe. Sen embargo, dixo, duplicando o servizo a 6 días, nas mesmas dúas quendas, permitiría atender a cinco veces máis pacientes, chegando ata 40 doentes á semana.

Trátase, explicou, dunha cuestión de “vontade política” que permita “dispor de persoal acaído para garantir unha atención mínima aos veciños e veciñas da Costa da Morte que necesitan da hemodiálise”. Sinalou que simplemente cun médico, un profesional da enfermería e un auxiliar estaría o servizo plenamente cuberto.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar