Un proxecto económico novo para unha Galicia audaz

Un proxecto económico novo para unha Galicia audaz

Un proxecto económico novo para unha Galicia audaz

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, interveu hoxe no Forum Europa, Tribuna Galicia, onde presentou as liñas mestras do seu programa económico para a Xunta de Galicia. Apostou por unha “Galicia audaz” que combine o crecemento económico co respecto á estabilidade orzamentaria.

“Fronte á Galicia da resignación e das ideas curtas –dixo-, propoño unha Galicia que mire máis lonxe e que pise máis forte, que voe para gañar o seu futuro” da man do proxecto socialista que ofrece “solidez, estabilidade e capacidade”, tal e como avala a xestión socialista “alá onde gobernamos”. Ofreceu unha “guía para que a economía e a sociedade poidan navegar pola senda da converxencia con España e a UE, a través dunha folla de ruta específica”.

Fernández Leiceaga presentou a proposta socialista para “xerar máis riqueza e máis oportunidades nos sectores con futuro económico”, cun proxecto económico centrado nunha “nova política económica, unha administración pública moderna e eficiente e o impulso da axenda social”.

Así, a política económica centrarase na creación de emprego a través da reindustrialización e a innovación, con propostas para superar a parálise actual do Igape, desmantelado por Feijóo ata o punto de reducir o seu orzamento nun 75 por cento e, tan só executar o 35 por cento do escaso orzamento restante.

Propuxo neste sentido reformar a fondo o Igape, desenvolver un novo plan galego de I+D+i e crear o Instituto Galego de Investigación Aplicada seguindo o exemplo do Ikerbasque ou o Icrea catalán.

Tamén anunciou un plan de emprego dotado con 100 millóns de euros para garantir a contratación de 10.000 mozos e mozas ao ano, unha tarifa plana de 50 euros para o primeiro ano de actividade dos autónomos, un Plan de Retorno do Talento con 10 millóns anuais e un Plan de Relevo Xeracional para que anualmente 500 xóvenes adquiran a experiencia de autónomos a piques de xubilarse.

Estabilidade orzamentaria

O candidato socialista comprometeuse cunha xestión “con moita máis execución e menos débeda” que a de Feijóo, que deixa unha Galicia “moito máis endebedada”, pasando de 3.381 millóns de euros en 2009 aos 10.727 millóns, máis que triplicando o endebedamento que atopou á súa chegada, comprometendo a marxe de acción de calquera goberno futuro sen que teña suposto ningunha mellora no crecemento de Galicia.

Fernández Leiceaga comprometeuse a desenvolver unha acción de goberno “financeiramente sustentable” e asegurou que as medidas incluídas no programa económico do PSdeG están baseadas nunha “análise seria e rigorosa dentro das posibilidades orzamentarias da Xunta”.

O proxecto socialista “fuxe de aventuras” para conseguir crecemento económico “mantendo o compromiso coa regra de gasto e coa estabilidade orzamentaria”. Asegurou que o seu obxectivo é “aproveitar as marxes que permite a Lei porque queremos unha Xunta financeiramente sostible”.

Discurso completo

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar