Un Plan Forestal de consenso e un monte ordenado, a mellor garantía contra o lume

Un Plan Forestal de consenso e un monte ordenado, a mellor garantía contra o lume

Un Plan Forestal de consenso e un monte ordenado, a mellor garantía contra o lume

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, apelou hoxe ao goberno galego a que presente un novo Plan Forestal “transparente e consensuado” dirixido a regular a planificación e ordenación dos usos do monte. Así o dixo na intervención de peche da xornada palamentaria de Traballo sobre o Plan Forestal organizada hoxe polo Grupo Socialista.

Fernández Leiceaga sinalou á ordenación territorial e á diversificación de usos do monte precisamente como un dos eixos da prevención de lumes forestais. Ademais, dixo, a prevención resulta “vital” para “se non impedir que se produzan, cando menos evitar a propagación dos lumes” para evitar situacións como a que se viviu en Portugal esta pasada semana.

Ademais, apuntou por organizar un “mix adecuado de especies” forestais que combine a produción de madeira coa implantación de especies autóctonas que impidan a propagación do lume. Estas condicións, unidas á limpeza do monte, resultan prioritarias na prevención dos incendios, unido á posta en marcha de medios de extinción, que son “inescusables” coa situación actual de abandono do monte.

Fernández Leiceaga apelou á necesaria intervención do goberno galego para ordenar os espazos forestais de Galicia, que ocupan dúas terceiras partes do total do terreo de Galicia, e que actualmente estímase que hai dous millóns de hectáreas en situación de abandono.

Instou á intervención pública para a prevención de incendios e de pragas daniñas do espazo forestal, así como para resolver a mobilización de terras abandonadas e convertelas en espazos produtivos. Propuxo neste sentido a redución dos custes de transacción para as Comunidades de Montes, propoñendo alternativas para un modelo de xestión do monte máis eficiente e capaz de xerar valor engadido.

Sinalou que a implantación dun monte rendible supón “a mellor garantía para o futuro”, para o cal resulta imprescindible “arriscar na busca de fórmulas” que permitan explotar novos nichos de negocio. Suxeriu así “traballar na cadea de produción” para garantir unha maior formación dos axentes, o rexuvenecemento do sector e a incorporación en definitiva de capital humano.

Xornada

A xornada, que foi clausurada polo portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, constou de dúas mesas redondas, dirixidas polo portavoz de Política Forestal do PSdeG, José Antonio Quiroga, e o portavoz en materia de gandería, José Manuel Pérez Seco.

Na primeira mesa interviñeron o profesor da USC Manuel Marei, o director da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Dans, e o secretario de Asefoga, Jacobo Feijóo. A segunda mesa contou coa presenza do membro de Profor e da Escola Forestal de Pontevedra, Juan Picos, e do presidente do Clúster da Madeira de Galicia, Manuel Iglesias.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar