Un goberno para os que cren nos valores da democracia

Un goberno para os que cren nos valores da democracia

Un goberno para os que cren nos valores da democracia

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, lanzou hoxe unha mensaxe “aos demócratas” para “apoiar ao partido máis confiable e ao proxecto de cambio baseado nos valores democráticos, que é o PSOE” liderado por Pedro Sánchez. Así o dixo durante a visita ás localidades de A Estrada e Pontevedra xunto coa candidatura socialista.

Fernández Leiceaga apelou “aos que cren nos valores da democracia” para apoiar o proxecto “máis capaz de integrar as demandas da sociedade” fronte a un PP “asediado por casos de corrupción e gangrenado por dentro, que ten un ministro de Interior que parece non respectar os límites da súa función”.

No outro lado, sinalou, atópase un Unidos Podemos que “parece non crer na separación de poderes e disposto a que os xuíces e fiscais estean ás ordes do Executivo”.

Ademais, sinalou que as apelacións de Rajoy e Iglesias a que goberne a lista con máis votos revela que “descoñecen cómo funciona a democracia parlamentaria” onde, a diferenza dos sistemas presidencialistas, “goberna quen consegue máis apoio parlamentario”. Explicou así que o partido que ten demostrado máis capacidade de acordo é precisamente o PSOE.

Criticou a “incapacidade de tender a man” dos outros partidos, mentres os socialistas demostramos en moitos concellos e na maioría das comunidades autónomas onde gobernamos que temos esa capacidade que debe primar para votar o 26 de xuño. Ofreceu así “a capacidade de levar a estabilidade ao goberno e un proxecto de futuro que responda das demandas da ampla maioría da sociedade”.

Rectificar

O responsable socialista instou ao líder de Unidos Podemos a continuar demostrando a súa “capacidade de rectificar” e apoie un goberno presidido por Pedro Sánchez, logo de dúas negativas consecutivas no mes de marzo. Desafiou a Pablo Iglesias a “negar o apoio a Pedro Sánchez e a un cambio progresista en España”.

Respondeu así ao deseño dunha campaña electoral “de estremos” entre PP e Unidos Podemos para intentar colocar ao PSOE nunha “tesitura imposible que os electores van desmentir para dar lugar a que o PSOE lidere ás forzas do cambio”.

Augurou ademais unha participación “cando menos ao mesmo nivel que o 20D”, como demostra o “crecente interese” por parte da cidadanía que está “farta de volver ás urnas pero que se percata da importancia desta convocatoria”.

Meijón

O candidato socialista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Guillermo Meijón, pediu o voto ao “Si polo Cambio, para acabar coa grande mentira de Rajoy, de Ana Pastor e desta lexislatura do PP para Galicia e para Pontevedra”. Meijón atacou hoxe os “4 anos de mentiras e falacias do goberno do PP que afectan gravemente á nosa Comunidade.

Sinalou que Rajoy comezou a súa presidencia co “gran engano” de que “non tocarei a sanidade, a educación nin as pensións” e continuou levando cada ano a súa mentira aos orzamentos. Neste sentido, sinalou a Ana Pastor como a ministra “encargada de maquillar tódalas cifras ofrecendo unhas cifras elevadas para infraestruturas como o AVE que despois non se executaban”.

Neste sentido lembrou que, de acordo coa Intervención Xeral do Estado, os primeiros anos deixaban sen investir o 40 por cento do orzamentado, unha cifra que aumentou ata que en 2015 o Goberno deixou sen executar o 60 por cento dos cartos previstos. Sinalou que “o resto ou non se gastou ou foi para outra parte”, co que supón de “obra pública e empregos perdidos para Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar