Un apoio aos autónomos a nivel de hipoteca "subprime"

Un apoio aos autónomos a nivel de hipoteca "subprime"

Un apoio aos autónomos a nivel de hipoteca “subprime”

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe a ausencia de medidas de apoio do goberno galego aos autónomos. No debate dunha interpelación ao conselleiro de Economía e Industria, comparou as medidas da Xunta coas hipotecas subprime, integradas por “partes de créditos empaquetadas que remataron na crise inmobiliaria”.

Losada reclamoulle ao conselleiro que explique realmente de qué partidas detraen as medidas de axuda aos autónomos galegos, os “grandes esquecidos” das medidas de apoio económico do goberno galego. Lamentou que a Xunta diga hoxe que “están abrindo as portas do Igape aos autónomos”, logo de oito anos de goberno de Feijóo.

O responsable socialista levou ao Pleno do Parlamento as demandas deste colectivo, que alerta das dificultades de acceso ás subvencións, problemas de acceso a créditos e polo tanto dificultades de investimento e creación de postos de traballo. Dixo que “non estaría mal que o 23 por cento dos afiliados á Seguridade Social –que son autónomos- se sentiran minimamente amparados polo seu goberno”.

O responsable socialista advertiu da “desaparición” dos autónomos dos plans de desenvolvemento do goberno galego, partindo do Plan Estratéxico 2020, así como o Plan Sectorial de Ordenación do Solo Industrial. Mentres, a Axenda para a Competitividade de Galicia, Industria 4.0, na que “falan deles como política – ficción”.

Acusou ao goberno galego de obviar a situación dos traballadores e traballadoras autónomos, que teñen un peso maior en Galicia que na media española, xa que para un territorio que ten ao 5,5 por cento dos ocupados no territorio nacional ten tamén ao 7 por cento dos autónomos. Advertiu que esta situación deriva dun maior peso das “microempresas ou autónomos individuais”, con menor produtividade.

En Galicia hai actualmente, dixo, 225.000 afiliados ao Réxime de Autónomos, o que supón entre un 20 e un 25 por cento dos traballadores, co que “un de cada catro ou cinco traballadores galegos son autónomos”.

Explicou ademais que o 80 por cento destes están sen asalariar, e o 80 por cento cotizan pola base mínima, mentres Galicia ten á terceira poboación autónoma máis envellecida do Estado e que teñen a xubilación media máis baixa de España, con 605 euros de media.

Ademais, estes traballadores están “máis feminizados que no conxunto de España”, o que supón que o 40 por cento destes traballadores son mulleres, con “salarios medios máis baixos e desempregando unhas ocupacións laborais que requiren menor cualificación.

Explicou que o sector dos autónomos están en Galicia “peor que no conxunto de España dende que goberna Feijóo”, xa que dende 2009, mentres no conxunto do Estado hai un 0,6 por cento menos de autónomos, en Galicia descenderon un 6,5 por cento, dez veces máis.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar