Un ano de goberno de Rajoy: nefasto para Galicia

Un ano de goberno de Rajoy: nefasto para Galicia

Un ano de goberno de Rajoy: nefasto para Galicia

A deputada socialista no Congreso, Laura Seara, cualificou hoxe de “nefasto para Galicia” o primeiro ano de goberno de Rajoy na Moncloa, polas medidas adoptadas. Dixo que as súas decisións en materias como sanidade, ensino ou dependencia tiveron “un impacto importantísimo”, que evidencia que “un leonés como Zapatero traballou moito mais por Galicia que un que presume de galego”.

En declaracións á axencia de noticias Europa Press, Seara sinalou que os galegos viven hoxe “moito peor” que hai un ano e pregúntase “qué fixemos os galegos para ser os mais afectados polas medidas do Goberno de Rajoy que supón todo un castigo para Galicia”.

Dixo que as medidas de carácter xeral, como o copago farmacéutico para pensionistas, os recurtes en bolsas para estudantes ou a “demolición controlada” da Lei de Dependencia son as que tiveron un maior impacto nos galegos e galegas.

Explicou que "Si sumamos todo isto, Rajoy foi un nefasto presidente, moi malo coa súa terra malia que corre sangre galega polas súas venas, e cando un esquece as súas raíces, non quero pensar o que fai con outros”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar