“Un 57% dos galegos quere cambio e os socialistas somos a resposta”

“Un 57% dos galegos quere cambio e os socialistas somos a resposta”

“Un 57% dos galegos quere cambio e os socialistas somos a resposta”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, destacou esta tarde en Verín que “o 57% dos galegos quere cambio e os socialistas somos a resposta”. Recalcou que “a xente non quere que goberne o PP, Feijoo o sabe e por iso trata de agochar as siglas”. Leiceaga explicou que Feijóo “quere ocultar o Partido Popular porque sabe que as súas políticas son combatidas pola maioría dos galegos e das galegas”.

No concorrido acto electoral celebrado na Praza da Merced, o candidato socialista chamou á cidadanía ourensá a facer “borrón e conta nova do pasado” para esquecer o que significaron os anos de goberno de Feijóo e de Baltar provincia. “A Baltar non lle serve Feijóo, a Feijóo tampouco lle serve o PP, pero en canto estean outra vez na Xunta de Galicia van contar os seus votos, van decidir, e van seguir catro anos máis coas políticas do Partido Popular”, advertiu. Porén, subliñou que “o cambio é necesario, o cambio é posible, depende de nós”.

No acto interviron o ex deputado autonómico Juan Carlos Francisco Rivera, seguido do Secretario Provincial, Raúl Fernández, e a cabeza de lista por Ourense, Noela Blanco, que denunciaron que Feijoo presume de ser de Os Peares, pero para ir nas listas autonómicas prefire aos votantes da provincia de Pontevedra.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar