Tropelía do PP e de Feijóo na retirada das axudas nos plans nacionais de VPO

Tropelía do PP e de Feijóo na retirada das axudas nos plans nacionais de VPO

Tropelía do PP e de Feijóo na retirada das axudas nos plans nacionais de VPO

VivendaO portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, acusou a Feijóo e ao PP de amparar a “tropelía” cometida polo Estado de retirar as axudas á subsidiación de préstamos dentro dos plans nacionais de Vivenda Protexida. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para manter a totalidade das axudas, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista advirte que o PP galego amparou o RD 20/2012 e a Lei de Vivenda 4/2013 para retirar á forza as axudas á compra de VPO no Plan Nacional de Vivenda, coa sorpresa de que incluía as correspondentes aos plans nacionais 2002 – 2005 e 2005 – 2008. Sánchez Bugallo considera que esta decisión é ilegal porque vulnera o principio de irretroactividade, polo que foi recorrida polo PSOE no Tribunal Constitucional.

Explicou que unha norma non pode prexudicar á cidadanía que xa ten concedidas as axudas, e neste caso, dixo, hai en torno a 250.000 familias afectadas en todo o Estado, 12.000 en Galicia, que ven cómo perden as axudas nas renovacións dos seus préstamos e polo tanto teñen que pagar entre 90 e 190 euros mais de hipoteca ao mes.

Acusou ao PP de “abusar de familias sen recursos que non poden denunciar en Estrasburgo nin buscar unha representación legal efectiva”, e aos que o incremento da hipoteca pode supoñer a diferenza entre poder e non poder pagala. Lembrou que ademais, hoxe están atados a unhas hipotecas de mais de 25 anos e non poden vender nin alugar as vivendas en 10 anos, condicións asinadas no seu día para obter as axudas.

Sinalou que o goberno galego ten anunciado que o problema “está resolto”, pero advertiu que “agocha que tan só está resolto para 1.000 reclamacións presentadas entre xullo de 2012 e xuño de 2013, mentres mais de 11.000 familias teñen o problema sen resolver.

Esixiulle ao goberno galego que exerza as súas competencias exclusivas en materia de vivenda e defenda a estas familias que “son beneficiarios dos plans nacionais de vivenda que, na maioría dos casos, están hoxe en peor situación que cando se acolleron ás axudas”.

Os socialistas galegos reclamáronlle ao goberno galego que manteña a totalidade das axudas para a subsidiación de préstamos, incluídas as renovacións previstas para todos aqueles que a tivesen concedida con anterioridade ao 14 de xullo de 2012.

Ademais, instan á Xunta a que lle demande ao goberno de España o mantemento da totalidade das axudas comprometidas nos plans nacionais de vivenda, e “de non ser atendida esta demanda, o Goberno galego acudirá á vía xurisdiccional correspondente para esixir o seu cumprimento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar