Trinidad Jiménez subliña que Feijóo estase cargando a Sanidade galega

Trinidad Jiménez subliña que Feijóo estase cargando a Sanidade galega

Trinidad Jiménez subliña que Feijóo estase cargando a Sanidade galega

A ex Ministra de Sanidade, Trinidad Jiménez, e o número 2 por Lugo da candidatura socialista ó Parlamento de Galicia, Juan Carlos González Santín, acompañados de Concelleiros do Concello de Lugo, desprazáronse ó hospital de Lugo para denunciar publicamente que o incumprimento do Goberno Galego de dotar a este centro sanitario de servizos tan necesarios para a saúde dos lucenses como a Radioterapia ou a Hemodinámica, converte á provincia na única de Galicia que non dispón destas prestacións.

Jiménez amosou a súa profunda preocupación pola situación da sanidade lucense e amosou o compromiso do Partido Socialista para restablecer os recursos e servizos sanitarios necesarios co obxectivo de que “los ciudadanos puedan vivir dignamente”. “El PP está desmantelando nuestro sistema público de salud. Pero el señor Feijóo, en particular, está poniendo en grave riesgo la salud de los gallegos. En el caso de Lugo tenemos un problema muy grave, ya que en este hospital no se puede utilizar ni la Radioterapia ni la Hemodinámica. ¿Qué significa esto? Que las personas que tengan que tener un tratamiento contra el cáncer se tienen que desplazar a Coruña. ¿Cómo se puede permitir que esta provincia, con un hospital como el que tiene, los pacientes tenga que ir tan lejos?. Esto es perjudicial para el enfermo, pero también es una vergüenza para nuestra Sanidad, que hasta que llegó el PP era de calidad, de excelencia y contaba con magníficos profesionales”. Deste xeito, a socialista subliñou que “el señor Feijóo se la está cargando con este tipo de recortes que impone, cerrando camas, cerrando plantas, cerrando centros de salud… poniendo así en grave riesgo la salud de los gallegos”.

Deste xeito, os doentes afectados por unha enfermidade cardiaca ou de cancro non poden ser atendidos no hospital da capital debido a que o Goberno autonómico non cumpriu o compromiso asumido en varias ocasións, nas que anunciou publicamente a dotación destes servizos. “Una persona que tenga un infarto también se tiene que desplazar a Coruña con el consiguiente riesgo de que fallezca en el camino. La intervención inmediata es lo más importante en estos casos”.

“Feijóo segue coas súas mentiras”
Pola súa banda, o número dous da candidatura socialista destacou que “o PP segue cos seus incumprimentos. Cando Feijóo chegou á Xunta de Galicia dixo que non ía tocar os servizos sociais, nin a Educación, nin a Sanidade… Feijóo segue coas súas mentiras. Basta con lembrar que, cando chegou ó goberno galego, dixo que en 45 días ía acabar co paro e hoxe temos máis de 130.000 persoas desempregadas, que non subirían os impostos e hoxe pagamos máis de IVE, etc, etc”.

Unha Sanidade deficitaria nos hospitais da provincia
Os socialistas suliñaron que este trato discriminatorio con Lugo é un exemplo máis de que o Partido Popular está desmantelando completamente a sanidade pública. Proba delo, engadiron, é que os drásticos recortes impostos polo Goberno galego provocan que o sistema sanitario conte con 500 millóns de euros menos e con 300.000 galegos e galegas máis en listas de espera.

No caso de Lugo, que ademais é unha das provincias máis avellentadas da Comunidade, ó non dispor de Radioterapia nin de Hemodinámica, sumado á escasa actividade do antigo hospital Xeral, a calidade asistencial que reciben hoxe en día os cidadáns estase a ver moi mermada.

O hospital da Costa de Burela segue sendo o segundo de Galicia que rexistra as maiores listas de espera para realizar unha cirurxía. No caso do de Monforte de Lemos, os principais problemas recaen na área de anestesia, que son insuficentes, provocando así graves problemas no servizo cirúrxico. As consultas de oftalmoloxía están excesivamente saturadas, de modo que o Hospital viuse, en varias ocasións, na obriga de contratar a especialistas por meses para alixeirar a situación. O servizo de radioloxía estivo en entredito debido a que o facultativo de guardia é compartido con outros centros, e tamén se descoñece o paradeiro do mamógrafo que a Xunta mercou para este Hospital e que, segundo o PP, permitiría a este centro dispoñer dunha técnica novidosa ó tempo que satisfaría a demanda formulada en varias ocasións polos veciños do sur da provincia, xa que lles evitaría desprazarse por exemplo ó hospital da capital. Así mesmo, continúa sen funcionar a UCI, perdéronse especialistas das Áreas de Patoloxía e Traumatóloxía e moitas das autopsias estanse derivando a Lugo de forma encuberta.

Reparto electoral na cidade
Logo da visita realizada ó hospital Lucus Augusti, Trinidad Jiménez, acompañada de Juan Carlos González Santín, do Alcalde de Lugo e de varios membros do Partido e da Corporación municipal repartiron propaganda electoral polo centro da cidade. Deste xeito, os socialistas partiron dende a Praza do Seminario para continuar polas rúa Bispo Aguirre e a Praza Maior.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar