Trece casos de presunta corrupción no entorno de Feijóo

Trece casos de presunta corrupción no entorno de Feijóo

Trece casos de presunta corrupción no entorno de Feijóo

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, denunciou hoxe o “silencio cómplice de Feijóo” diante dos casos de presunta corrupción que envolven o seu entorno político na Xunta e no Grupo Popular e que suman xa trece imputados. Esíxelle ao presidente galego “explicacións públicas” sobre unha situación “insostible” da que é “responsable máximo”.

Sinala que Feijóo “debe dar conta” do “constante goteo de casos de corrupción no seu círculo”, e nomeou, ademais dos dous deputados do PP que dimitiron por presuntos casos de tráfico de influencias e cohecho, aos 4 membros do Igape e 4 da Consellería de Infraestruturas imputados por presuntas irregularidades no seno da Operación Campeón.

A estes súmanse dous altos cargos de Sogama imputados por un presunto delicto de tráfico de influenzas e outros dous altos cargos das consellerías de Presidencia e Traballo por presunto abuso de poder contra o sindicato Unións Agrarias, mentres o conselleiro de Infraestruturas ten que atender a unha vista no Tribunal Supremo pola certificación de obras en falso.

O responsable socialista considera “cínico” e “irrespectuoso cos galegos e as galegas que están sufrindo a crise” que Feijóo e Rajoy “veñan prometer a felicidade”, e preguntou si esta “presunta felicidade é a que viaxa en coches de luxo”. Fixo alusión así ao “exceso de celo” de Ana Mato cando “confunde a nenos atendendo a un contacontos cunha clase ordinaria” mentres “esquece que dispón dun Jaguar no garaxe da casa”.

Tratamento da TVG

Losada tamén requiriu dos informativos da TVG que ofrezan “información obxectiva e imparcial”, tal e como reza o código deontolóxico do xornalismo, e lembrou que “é un medio público, o que quere dicir de tódolos galegos e non só dunha parte deles”. Esixiu “que traten as noticias que afectan a imputados do PP polo menos coa mesma intensidade coa que tratan a políticos socialistas non imputados cando son acusados por un presunto delincuente”.

Reclamou “que non repitan a súa actitude na campaña de desprestixio do ministro de Fomento” na que “seguiron con atención as publicacións dun medio de comunicación baseadas nas declaracións dun empresario investigado contra o ministro”.

Este caso, lembrou, suscitou mais dunha hora dos informativos da canle durante sete días e “practicamente desapareceu” da grella cando constatouse a existencia dunha reunión do empresario co presidente da Xunta previa á concesión de axudas por catro millóns de euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar