Trato de favor da Xunta a un familiar da conselleira do Mar

Trato de favor da Xunta a un familiar da conselleira do Mar

Trato de favor da Xunta a un familiar da conselleira do Mar

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe á conselleira de Pesca que explique o presunto trato de favor para concederlle axudas europeas para unha granxa de Ordes do seu fillo. Así o dixo na comparecencia da conselleira para dar conta das demandas propostas por Galicia de cara á reformulación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca –FEMP-.

A responsable socialista urxiu á conselleira a explicar esta situación no Parlamento e, apuntou, “a Xunta debe garantir que houbo o mesmo trato para todas as persoas solicitantes e demostrar que non houbo irregularidades”.

apuntou que a dita granxa figura como beneficiaria de axudas no 12 de xaneiro a pesares de que incumpre co requisito de contar con licenza municipal, polo que houbo un presunto trato de favor. Ademais a Xunta non contestou a solicitude de documentación demandada por escrito. Advertiu que “todo conduce a que non se revisaron as condicións para a concesión de axudas ao fillo da conselleira, e polo tanto houbo un claro trato de favor”.

Preguntou se, con estes antecedentes “poden os galegos e galegas confiar en que vostede xestiona os fondos europeos de maneira xusta, velando porque se cumpran os requisitos para todos e todas”. Preguntou se “realmente vostede merece confianza para xestionar os fondos europeos cando permite o uso indebido para beneficiar a un familiar”.

Fondo Europeo de Pesca

Toja reclamoulle hoxe á conselleira que defenda “un fondo de pesca específico e accesible para aplicar á política pesqueira común para garantir a sustentabilidade da pesca no noso país”. Ademais reclamou “un plan de selectividade a fin de evitar descartes, reducir a carga financeira da obriga de desembarque e facilitar o seu cumprimento do rendemento máximo sustentable”.

Apuntou que a Política Pesqueira Común é competencia exclusiva da UE “e polo tanto os fondos financeiros que se poñan a disposición deben ser suficientes para poder alcanzar os ambiciosos obxectivos establecidos no Regulamento de base”. Dixo que “o Brexit non pode utilizarse como escusa para reducir o financiamento futuro”, e reclamou “maior claridade” para o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca na tramitación das axudas.

Ademais, sinalou que “faise necesario medidas para garantir que o Fondo Europeo de Pesca posterior a 2020 se execute dunha maneira máis rápida e flexible e menos burocrática, sen atrasos que sigan prexudicando á programación dos fondos”. Reivindicou tamén “negociar coa UE para que se revisen e simplifiquen os procedementos que eliminen as trabas burocráticas relacionadas coa execución” dos fondos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar