Trasladamos a neutralidade da xestora no proceso de primarias e poñémonos a disposición dos candidatos

Trasladamos a neutralidade da xestora no proceso de primarias e poñémonos a disposición dos candidatos

Trasladamos a neutralidade da xestora no proceso de primarias e poñémonos a disposición dos candidatos

Pilar Cancela trasladou hoxe a decisión da comisión xestora de comunicarlle por escrito á xestora federal e aos equipos dos compañeiros e compañeiras que anuncien a súa candidatura ás primarias a “total neutralidade” da dirección provisional en Galicia. A xestora galega ponse así a disposición dos aspirantes á secretaría xeral e garante a súa presenza en todos os actos nos que sexa requirida nestes meses. Por outra banda, na reunión de hoxe foron aprobadas inicialmente as contas do partido, cunha redución da débeda de máis do 65% en só tres anos.

Cancela afirmou que o partido pasa dun ano cunha actividade “eminentemente electoral” a outro con dous obxectivos principais: desde o plano da acción política, a coordinación co grupo parlamentario para facer un traballo de “oposición contundente” ante “unha realidade que xa é evidente tras os primeiros 100 días do novo mandato de Feijóo: o ninguneo a Galicia desde o goberno de España, que non atopa resposta do presidente da Xunta”. Cancela lamentou que Feijóo renuncie a poñer a Galicia onde lle corresponde como comunidade histórica e trasladou a preocupación dos socialistas, que traballarán para que isto non sexa así nos Orzamentos Xerais nin no financiamento autonómico.

Por outra banda, desde a xestora centraranse na actividade congresual e na renovación das estruturas de dirección, primeiro a nivel federal e posteriormente nacional. Para isto aprobaron hoxe inicialmente as contas de 2016 e o orzamento para 2017. Cancela anunciou que o partido ten pasado “dunha situación crítica á normalidade orzamentaria”.

“Esta xestora continuou no último ano co traballo do Plan de Viabilidade Económica e Redución da Débeda aprobado e posto en marcha a comezos de 2014. Partiamos dunha situación económica delicada, cun nivel alto de débeda en 2013. Neste tempo adaptámonos á nova lexislación e o regulamento de control e xestión, e fixemos un control riguroso dos gastos unido a unha consolidación dos ingresos e o financiamento da débeda. O resultado é que en só tres anos pasamos a reducir a débeda do PSdeG nun 65,12%: de deber 2,1 millóns de euros a 765.000, dos que 500.000 son débeda co propio partido a nivel federal. Polo tanto a situación do partido desde o punto de vista económico deixou de ser preocupante cunha xestión económica sensata, seria e responsable”, explicou. “A nova dirección que sexa elixida recibirá unha situación económica para poder afrontar con tranquilidade os vindeiros retos políticos”, destacou.

A socialista expuxo que “o plan de 2014 prevía a eliminación da débeda en seis anos, polo que en tres anos superáronse as previsións en máis dun 15%”. Ademais, apuntou que por primeira vez o PSdeG afrontou unha campaña electoral autonómica sen que iso supuxese un aumento da débeda, sufragándoa mediante a subvención electoral e fondos propios.

Mercedes Cernadas

Deixar a resposta

Pechar