Trampa legal do PP para garantir a continuidade do director xeral da CRTVG

Trampa legal do PP para garantir a continuidade do director xeral da CRTVG

Trampa legal do PP para garantir a continuidade do director xeral da CRTVG

crtvgA portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG no Parlamento, María Quintas, denunciou hoxe a “trampa legal” do PP para permitir a continuidade do director xeral da CRTVG. Acusounos de garantir “unha televisión non democrática, plural nin sostible” que sexa “un portavoz máis do PP logo das próximas eleccións autonómicas”.

Así o dixo no debate do mandato marco da CRTVG, hoxe en Comisión Parlamentaria, no que o PP rexeitou os votos particulares presentados pola oposición e que no caso dos socialistas galegos incorporaban as 50 emendas presentadas polos socialistas galegos no debate. Os socialistas presentaron “de facto” unha nova proposta de mandato marco diante das obxeccións impostas polo PP ao debate deste documento na Cámara.

Quintas sinalou na súa intervención que o PP ten utilizado a Lei de Acompañamento aos Orzamentos da Xunta para sortear o requisito da Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual que obrigaba a escoller un novo director xeral. Con esta “manobra”, dixo, o PP garántese chegar ás próximas eleccións autonómicas “co seu director xeral” á cabeza do ente.

Os socialistas galegos reclamaron hoxe “condicionar a aprobación do mandato marco á elección dun novo director xeral”, que foi desbotada polo PP. Quintas dixo que o documento aprobado hoxe en Comisión “pon en evidencia a independencia, a pluralidade e a profesionalidade da CRTVG” a través dun proceso “impresentable e pouco democrático” para garantir o control dos medios públicos “pase o que pase nas próximas eleccións autonómicas”.

En definitiva, dixo, “unha nova volta de torca para desvalorizar a Lei dos medios públicos de comunicación e un novo intento de incrementar a dependencia e control da Xunta e, polo tanto, do PP” sobre estes. Os socialistas denuncian que o Contrato Programa “segue en branco” cando debera clarificar o financiamento do goberno á CRTVG para o próximo trienio.

Proposta

Os socialistas galegos trasladaron tres requisitos para o novo texto, como son a concreción da aportación financeira da Xunta para o próximo trienio, elevar a porcentaxe de produción propia “que rendibilice realmente os recursos humanos e técnicos. Inclúe a creación dun Consello de Redacción que garanta a pluralidade informativa, ademais de especificar a estrutura e dimensión da CRTVG “a fin de planificar o futuro e preservar o seu carácter público”.

Alertou da redución drástica da previsión legal de produción propia, que pasa do 60 por cento do primeiro borrador ao 50 por cento desta nova proposta, o que “demostra a manipulación constante do PP” e a súa folla de ruta de cara á redución de plantilla e aumento da produción externa e polo tanto da privatización. Evidencia, dixo, a “pésima xestión que realizan dos recursos económicos, técnicos e humanos da CRTVG e abre a porta a uns medios mais privados que públicos”.

Criticou que o PP “intenta evitar a aplicación da Lei e postergala sine die” no tocante á creación dun Estatuto Profesional da Corporación, que garanta a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos. Tampouco contempla a creación dun Consello de Informativos, concibido como “órgano interno de participación dos profesionais da información que vele pola independencia, veracidade e obxectividade dos contidos informativos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar