Traizóns e enganos de Feijóo ao sector do transporte

Traizóns e enganos de Feijóo ao sector do transporte

Traizóns e enganos de Feijóo ao sector do transporte

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, criticou as “traizóns e enganos” de Feijóo ao sector do transporte. Así o dixo no debate dunha proposición non de lei para rebaixar o imposto sobre os carburantes, a rebaixa das peaxes e revitalizar a un sector que ocupa a 20.000 galegos e galegas e mobiliza o 5 por cento do PIB, que foi rexeitada polo PP.

Fernández dixo que o presidente galego ten “traizoado” ao sector, á sanidade e ao medio ambiente a través dos orzamentos da Xunta, mentres “engana á UE, ao Parlamento e aos transportistas”. Criticou que logo de ter imposto un céntimo sanitario que “nin era un céntimo nin era para destinar os ingresos á sanidade”, como se demostrou nas contas do goberno galego.

Ademais, advertiu que tanto a Xunta como o goberno central levan oito meses “poñendo trabas” para eludir devolver os 150 millóns de euros recadados irregularmente a través desta taxa que foi declarada ilegal polo Tribunal de Xustiza da UE. Ademais, o propio Feijóo substituíu o coñecido como céntimo sanitario por un novo imposto sobre hidrocarburos polo que gravou ata 4,8 céntimos por litro de carburante.

A suba de custes e “o silencio, desconsideración e falla de vontade de diálogo” do goberno co sector provocaron a convocatoria dun paro “de consecuencias imprevisibles” convocado para os próximos 17, 18 e 19 de novembro en toda España. Advertiu que as consecuencias poden ser “demoledoras” para a economía, con desabastecemento dos produtos alimenticios, das estacións de servizo e a inactividade das empresas de transporte.

Só en Galicia, lembrou, o transporte abrangue a 7.000 empresas e 20.000 empregos directos, mobilizando mais de 20.000 vehículos e un nivel de actividade que supón ata o 5 por cento do PIB, ademais de que “mais do 80 por cento da mercadoría sae ao exterior de Galicia grazas a este sector”.

Iniciativa

Os socialistas levaron ao Pleno do Parlamento as demandas do sector, que inclúen a rebaixa substancial do imposto sobre carburantes no tramo autonómico galego, así como acadar unha rebaixa das tarifas de peaxe nas autoestradas galegas e intensificar a persecución do intrusismo profesional.

Raúl Fernández solicitou tamén a promoción de actuacións encamiñadas á revitalización do sector do transporte, en colaboración cos seus representantes, así como dirixirse ao Estado para axilizar a devolución do chamado céntimo sanitario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar