Tráfico de información privilexiada no Plan Hurbe de axudas para concellos

Tráfico de información privilexiada no Plan Hurbe de axudas para concellos

Tráfico de información privilexiada no Plan Hurbe de axudas para concellos

O deputado socialista Abel Losada advertiu que a convocatoria de axudas previstas no Plan Hurbe, convocado en xuño de 2016 para equipamentos públicos, humanización de rúas e urbanización e mellora de espazos públicos “favorece enormemente ao tráfico de información privilexiada” e reclamou criterios “obxectivos e transparentes”.

O responsable socialista advertiu que o criterio de reparto de axudas segundo a orde de chegada das solicitudes provoca o “sistema da rapañota” polo que son beneficiados “os máis fortes ou os máis avispados, e non os que o necesitan”. Así o demostra que os fondos se acabaran tan só 9 días despois de abrir o prazo, do que “quedaron fora moitos concellos por contar con recursos técnico administrativos escasos”.

Puntualizou que este modelo provoca “a sospeita de que os concellos actúen sobre información coñecida” previamente, e reivindicou un sistema “máis transparente e hixiénico en termos democráticos”. Sinalou que o criterio imposto polo goberno galego resulta “escandaloso”, facendo unha convocatoria “desconectada da realidade”.

O responsable socialista equiparon esta convocatoria en base a criterios “cando menos cuestionables” ás prácticas do anterior presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que dispuña de inxente contía de fondos de libre disposición para repartir con criterios “discrecionais e opacos”.

Hoxe, dixo, “afortunadamente hai un criterio e unha base sobre a que fundamentarse” para aspirar aos fondos públicos, tal e como fixeron os socialistas tamén co Plan E, no que “cada concello sabía dos recursos de que dispoñía en base ao número de habitantes”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar