Tormenta perfecta nas urxencias hospitalarias

Tormenta perfecta nas urxencias hospitalarias

Tormenta perfecta nas urxencias hospitalarias

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao presidente da Xunta de ter provocado a “tormenta perfecta” que colapsou á vez as urxencias de tódolos hospitais galegos. Acuña reclamou hoxe a comparecencia da conselleira de Sanidade para dar conta da falla de coordinación que ten advertido o propio presidente da Xunta.

Acuña sinalou que dita censura explícita debe derivar no cese da titular de Sanidade, que está a dar a cara polo colapso sanitario “repetido e continuo” provocado polos recortes en persoal, material e camas dende a chegada de Feijóo. Responsabilizou ao presidente da Xunta de ter levado “ao límite” á sanidade, logo de recortar 500 millóns de euros, entre 2.000 e 3.000 profesionais e un mínimo de 300 camas.

Recolleu hoxe as críticas do persoal sanitario, que advirte que atender aos servizos de urxencias sanitarias é “imposible, é como estar na guerra” pola alta demanda e a falla de recursos humanos e materiais. A responsable socialista negou ironicamente a falla de coordinación que alegou o presidente da Xunta, xa que, explicou, “están tódolos hospitais coordinados colapsando ao mesmo tempo”.

A resposta do presidente da Xunta, dixo, segue punto por punto a súa estratexia habitual de culpar a outro –neste caso á gripe-, por mentir –falando de falla de coordinación e non de recorte-, e finalmente por lamentarse –pedindo unhas desculpas que “non son suficientes”-. Acuña lembrou así que “Feijóo sempre pide desculpas cando lle supera a situación”, como fixo coas fotografías co seu amigo o narcotraficante Marcial Dorado.

Os socialistas esíxenlle ao presidente da Xunta que ademais tome decisións de goberno para resolver a situación cesando á conselleira e repoñendo a sanidade pública como mínimo ao nivel que a atopou á súa chegada ao goberno galego. Acuña presentou hoxe unha interpelación sobre a situación de colapso xeneralizado do servizo de urxencias e na sanidade pública en xeral polos recortes aplicados por Feijóo.

Reclamou así “mais compromiso coa sanidade pública e menos derivacións á privada”, que agora está a ser presentada como a solución por parte do PP, que aproveita para derivar pacientes aos centros concertados. Reclamou “mais prevención e recursos” e “escoiten o que teñen que dicir os profesionais da sanidade e os usuarios sobre a calidade da atención en urxencias”.

Recortes xeneralizados

Acuña explicou que os recortes drásticos e xeneralizados na sanidade pública provocan o colapso irremediable dos servizos de urxencias, que non poden facer circular aos doentes e bloquean o acceso ao centro hospitalario. Estes doentes, dixo, serían mellor atendidos se atención primaria tivera os medios suficientes e adecuados para tratar aos crónicos evitando as descompensacións e prevendo a través de vacinas as infeccións e as epidemias de gripe mais numerosas e virulentas que colapsan as urxencias.

Hoxe os centros de Galicia carecen de espazo para ingresar aos doentes, por ter camas plantas e ata hospitais enteiros pechados todo o ano, e por carecer de espazo neses servizos n para tratalos adecuadamente, incluso sen material de laboratorio para facer as diagnoses, ou con mascarillas inhalatorias defectuosas para aplicar o tratamento oportuno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar