Tomé Roca di que “a aplicación da clave S-698 é unha artimaña de maquillaxe da Xunta”

Tomé Roca di que “a aplicación da clave S-698 é unha artimaña de maquillaxe da Xunta”

Tomé Roca di que “a aplicación da clave S-698 é unha artimaña de maquillaxe da Xunta”


O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca, interveu no Pleno da Cámara para interpelar á Xunta sobre a supresión da demanda de emprego ás persoas en paro que se atopan en proceso de orientación a través da clave S-698 e os beneficios que obteñen estas persoas coa súa aplicación. Alí denunciou que esta clave non existe no listado de claves de situacións administrativas autorizadas polo Ministerio de Traballo e usadas por tódalas Comunidades Autónomas de España. Replica que a aplicación ós demandantes de emprego da clave S-698, supón a desaparición temporal dos desempregados afectados das listas do paro en Galicia.

O deputado explicou na súa intervención que a Consellería de Traballo e Benestar a través da intranet, o pasado día 14 de febreiro, arbitrou un aviso de suspensión da demanda coa clave S-698, como aclaración sobre os demandantes de emprego con estado de suspensión por proceso de orientación.

Sinala que o texto do documento dí literalmente o seguinte:

1 - A situación administrativa “Suspensión por proceso de Orientación (S-698)” vai aparecer naqueles demandantes de emprego que, dacordo cos datos que figuren na base so Servicio Público de Emprego de Galicia, ainda non recibiron servizo nos últimos anos.
2 - Para poder liquidar esta situación, deseñouse un procedemento de derivación deses demandantes ao servicio de orientación de face a valorar as accións a emprender con eles. Aos efectos de identificalos, establecéuse a devandita Suspensión por proceso de Orientación.
3 - Unha vez realizadas as accións de orientación pertinentes a suspensión finalizará, reactivándose a demanda.

Critica tamén que non computan a efectos de paro rexistrado, e tampouco son tidos en conta para as ofertas de emprego que xestione o Servicio Público de Emprego de Galicia, xa que non son enviados ós procesos de emparellamento da oferta e da demanda.

A Xunta non da orientación e suspéndelles a demanda

Nese senso afirma que o Goberno de Feijoo castiga dobremente aos parados. Xa que por un lado “non dan a Orientación á que a persoa ten dereito, e que a Xunta ten a obriga de dar legalmente”, e por outro banda “suspendéselle a demanda ao non poder optar ás ofertas de emprego que xestione o Servicio de Emprego Público de Galicia”.

Tome Roca afirma que a Xunta “non di a verdade”. E aludiu a resposta do Ministerio de Traballo no Congreso dos Deputados sobre este asunto, e cualificou de escándalo o que fai a Consellería de Traballo “cos parados de Galicia”.

Por ultimo emprazou á Xunta a que retire a Clave S-698, xa que a través dela “suspéndelles as súas demandas de emprego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar