Todos unidos fronte á barbarie terrorista que atenta contra a convivencia pacífica, a liberdade e a democracia

Todos unidos fronte á barbarie terrorista que atenta contra a convivencia pacífica, a liberdade e a democracia

Todos unidos fronte á barbarie terrorista que atenta contra a convivencia pacífica, a liberdade e a democracia

A presidenta da Xestora do PSdeG, Pilar Cancela, transmitiu hoxe a condena do partido contra os atentados de Cataluña e expresou a “dor e rabia” por este ataque “contra a convivencia pacífica e os valores da liberdade e da democracia”. Así o dixo logo de participar no minuto de silencio convocado a mediodía na Praza do Obradoiro, na capital galega, xunto co eurodeputado do PSdeG José Blanco, o ex alcalde Xosé Sánchez Bugallo e membros da corporación municipal.

A responsable socialista falou hoxe en nome de tódolos representantes deste partido que participaron nas concentracións convocadas nas principais cidades de Galicia, así como no Parlamento de Galicia, onde estiveron presentes os viceportavoces do Grupo Parlamentario Luis Álvarez e Juan Díaz Villoslada.

Cancela sinalou que “somos unha sociedade que quere poñer os valores da democracia, da convivencia e do respecto pola vida e a integridade das persoas por enriba de tódalas cousas”. Apostou por permanecer “máis unidos que nunca” fronte a un ataque do terrorismo diante do que “non caben paliativos nin medias tintas”.

Trasladou ademais unha “agarimosa aperta e todo o afecto e o cariño da familia socialista do PSdeG” aos afectados, ás vítimas e á sociedade de Cataluña, así como un “recoñecemento ás forzas e corpos de seguridade”. Sinalou en concreto aos Mossos d’Esquadra, aos servizos de asistencia, ás organizacións civís e á cidadanía en xeral que “onte se volcaron e acolleron de forma exemplar ás persoas afectadas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar