Todos os deputados e deputadas do grupo parlamentario do PSdeG asinan o novo código ético do PSOE

Todos os deputados e deputadas do grupo parlamentario do PSdeG asinan o novo código ético do PSOE

Todos os deputados e deputadas do grupo parlamentario do PSdeG asinan o novo código ético do PSOE

Méndez Romeu Estado Autonomía webTodos os deputados e deputadas do grupo parlamentario socialista asinaron o novo código ético do PSOE, que a dirección do partido presentou o pasado fin de semana para esixir honradez aos seus afiliados e cargos.

Os artigos do código recollen compromisos concretos con respecto a agasallos, dietas e gastos de representación. Así, os cargos socialistas non poderán recibir regalos de máis de sesenta euros, terán que informar das dietas e deberán viaxar facendo uso sempre da tarifa máis económica.

O novo código fixa a actuación do partido ante a implicación de socialistas en procedementos xudiciais: desde agora, os imputados deberán dar contas ante os órganos do PSOE, que poden tomar medidas en función dos feitos e da súa gravidade, ou do contrario serán suspendidos de militancia. En calquera caso, se esixirá a dimisión ante a apertura de xuízo oral, unha medida que ven aplicando o PSdeG desde hai meses.

O texto require a todos os afiliados do partido “unha vontade irreductible de manter unha conduta íntegra como esixencia inherente á pertenza ao partido”, e establece que o comportamento ético dos cargos públicos ten que estar “centrado na honradez como virtude persoal”.

O documento sinala tamén que os socialistas se comprometen a non propoñer nin apoiar o indulto de cargos públicos condenados por delitos ligados á corrupción, violencia de xénero, delitos de acoso ou discriminación, contra a liberdade e indemnidade sexuais, torturas ou contra a integridade moral, ou outros delitos considerados graves.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar