Tódalas persoas sen ingresos deben ter axuda de integración

Tódalas persoas sen ingresos deben ter axuda de integración

Tódalas persoas sen ingresos deben ter axuda de integración

pobrezaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle hoxe á Xunta a ampliación das axudas de inclusión social a tódalas persoas sen ingresos. Gallego sinalou que o goberno só atende ao 30 por cento das persoas sen ingresos, cando Asturias, cun 31 por cento menos de poboación, dedica un 61 por cento mais de recursos e atende ao 68 por cento das persoas en risco.

No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, lembrou que Galicia ten hoxe un 12 por cento mais de fogares con con carencias que cando chegou Feijóo, e acusou á conselleira de Benestar de “maquillar as cifras para agochar que hai mais persoas pobres que cando chegaron ao goberno”.

De acordo cos datos do INE sobre as condicións de vida, presentado en xuño, hai un 10,3 por cento mais de fogares con dificultades para chegar a fin de mes, un 2,1 por cento mais con carencia material severa e un 17 por cento mais de familias que non poden marchar de vacacións a lo menos unha semana ao ano.

Criticou que o goberno galego teña incumprido as súas promesas de reducir os retrasos da concesión da Risga, que acumulan entre 6 e 7 meses de promedio con casos que superan os 10 meses, e levan un ano sen publicar o decreto de desenvolvemento da Lei de Inclusión Social de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar