Tildan de “inútil” ao goberno de Feijóo por deixar sen executar 842 millóns de euros en 2011

Tildan de “inútil” ao goberno de Feijóo por deixar sen executar 842 millóns de euros en 2011

Tildan de “inútil” ao goberno de Feijóo por deixar sen executar 842 millóns de euros en 2011

María José Caride acusa a Feijóo de ser “cómplice” do goberno de España ao deixar que Galicia sexa “dobremente castigada” con novos recortes logo de tres anos de falsa austeridade

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, criticou hoxe que o goberno de Feijóo ten encetado unha xestión “inútil” ao deixar sen executar 842 millóns de euros nos orzamentos de 2011. Así o dixo na comparecencia da consellería de Facenda para dar conta do peche do exercicio contable de 2011 e das conclusións do Consello de Política Fiscal e Financeira.

Caride criticou que a Xunta teña rexistrado no pasado ano “a peor execución orzamentaria da década, deixando sen executar un total de 842 millóns de euros dos créditos dispoñibles no orzamento de 2011. Explicou que destas partidas, 160 millóns corresponden aos programas de promoción de emprego “salvo, iso si, os gastos de persoal da Consellería de Traballo” que manteñen intactos.

Criticou que deixaran sen executar outros 114 millóns de euros correspondentes aos programas de desenvolvemento empresarial, mentres en I+D+i tan só executaron o 35 por cento e tan só gastaron o 50 por cento correspondentes ás sociedades da información. Engadiu que o “exemplo paradigmático” correspóndelle á Consellería do Mar, que “non executa practicamente nada”.

A responsable socialista criticou que Feijóo teña comezado “a súa campaña electoral” decidido a “presumir de xestión cando rematamos a lexislatura co maior endebedamento e mais paro da historia de Galicia”. Dixo que o presidente da Xunta “vive no país das marabillas” cando “mais alá do déficit non teñen nada que amosar” e recomendoulles que “pregunten ás familias sen traballo, educación nin sanidade si lles preocupa o déficit”.

Parados

Caride dixo que a realidade é a xestión de Feijóo provocou 102.900 parados mais dende a súa chegada ao Goberno, cun crecemento da taxa de desemprego do 63,25 por cento mentres no resto do Estado medrou un 40 por cento. Advertiu que Galicia foi a terceira Comunidade Autónoma que mais emprego destruíu entre 2009 e 2012.

Engadiu que, ademais dun desemprego disparado, superando o 20 por cento no primeiro trimestre de 2012 cando a previsión do orzamento era do 15,1. O número de fogares con tódolos seus membros no paro medrou nun 86 por cento. Mentres, Galicia é a segunda autonomía co maior descenso na afiliación á Seguridade Social de too o Estado.

Criticou que o Goberno galego permanece “xordo fronte aos problemas dos galegos e das galegas, cego porque non os recoñece e sobre todo mudo porque non da a cara e non da resposta”. Sinalou que dende o ano 2003 Galicia non rexistrou un diferencial tan negativo con respecto á economía nacional como dende que Feijóo chegou á Xunta.

Presidente cómplice

A responsable socialista criticou que o presidente da Xunta teña sido “cómplice da actitude do Goberno de España” ao presentarse no Consello de Política Fiscal e Financeira da pasada semana sen reclamar ningún tipo de discriminación positiva para Galicia. acusou a Feijóo de castigar dobremente aos galegos e galegas que, logo de tres anos de axustes, teñen que asumir agora as mestas restricións que o resto do Estado.

Criticou que os pensionistas galegos terán que pagar polos seus medicamentos exactamente igual que o resto das comunidades autónomas malia o compromiso do presidente da Xunta de reclamar incentivos para as comunidades saneadas. Ademais, criticou que o Plan de Reequilibro Financeiro presentado pola Xunta “non inclúe unha soa verba sobre emprego nin sobre reactivación económica”.

Caride criticou que a Xunta manteña os orzamentos para este ano intactos malia que estes teñan sido elaborados cunha previsión de crecemento económico do 1,1 por cento e a realidade sexa que Galicia xa decrece o 1,7 por cento. Advertiu que este desaxuste provocará unha caída notable nos ingresos do Goberno galego.

A responsable de Facenda do Grupo Socialista sinalou que a Xunta está a incumprir xa os compromisos de endebedamento, xa que mentres o límite legal é do 13 por cento, no documento presentado a pasada semana no CPFF revelan que Galicia terá un déficit público sobre o PIB do 16 por cento.

Ademais, acusou a Feijóo de ter incrementado a débeda pública nun cen por cen en só tres anos, o que provoca que “como consecuencia teñamos que pagar 300 millóns de euros ao ano só en intereses”. Esta contía, sinalou, equivale a “tanto como o dedicado aos Servizos Sociais” ou o mesmo que a Xunta destina á “conservación, construción e explotación de estradas en toda Galicia”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar